Afonso Eiré
(Redirixido desde "Afonso Eiré López")
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Afonso Eiré | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1955 |
A Laxe | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nado na Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou xornalismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra encargándose das páxinas deportivas. En 1981, despois dunha crise encargouse de remodelar o semanario e formar un novo equipo e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu a conselleiro delegado de A Nosa Terra. Actualmente e comentarista político e presidente da Fundación A Nosa Terra.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- O fútbol na sociedade galega, 1998, A Nosa Terra.
- Chantada na historia, 2010.
- Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo, 2013, Biblos Clube.
- Belesar. O orgullo de España, 2013, Hércules.
- Eu estaba alí, 2014, Hércules.
- O Piloto. O último guerrilleiro, 2015, Hércules.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Amigos sempre, 1998, Espiral Maior.
- Eu tamén fun coas vacas, 2000. Espiral Maior.
- O coxo de Vilarelle, 2004, Espiral Maior.
- Os bicos de Tina, 2009. A Nosa Terra.
- O penalti de Fuco, 2012, Baía.
- A morte do meu pai, 2017, Hércules de Ediciones
- Memorias dunha vaca marela, 2018, Hércules de Ediciones, ISBN 978-84-948619-1-8
- A maxia da auga. 2020. Hércules de Ediciones. ISBN 978-84-120974-81.
Guións[editar | editar a fonte]
- Asolagados (documental
- O Piloto (documental)
Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Xornalistas ante a Lei. Edicións Lea.
- Unha semana de información en Europa.
- Libro de ouro, 1999, Deputación de Lugo.
- Crónicas chantadinas, 2004, Deputación de Lugo.
- No país da irmandade, 2007. Deputación da Coruña.
- En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía; Concello de Vigo; Galaxia.
- Homenaxe a Neira Vilas. E. Ismael González.
- Galegos universais. Influencia de Galicia no mundo (coordinador). Autor de "Fidel Castro, neto de galegos pobres". Hercules, 2016
- Moncho Valcarce, un dos inesquecibles. Deputación da Coruña. 2018. ISBN 9788498123388
- Els maquis: la resistència armada contra el franquisme (1936-1965). Valencia 2020.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio de Narracións da Caixa Provincial de Lugo
- Premio Especial Puro Cora.
- Premio Galicia de Ensaio.
- Premio Galicia de Xornalismo en dúas ocasións.
- Premio Julio Camba de Periodismo.
- Medalla Castelao.