Asolagados
| Asolagados | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Asolagados é un documental de 2013, producido por Airoá Comunicación - Pinancho Audiovisais e dirixido por David Vázquez Vázquez, con guión de Afonso Eiré.
Documental sobre a xente e os lugares (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Ermida, Ribó, Ponte Fortes...), anegados polo encoro de Belesar en 1963.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]As imaxes do equipo Coa auga ao pescozo[3] reflicten a Ribiera Sacra e o Río Miño, os restos de casas, adegas, eidos e como sufriu a contorna natural ao desapareceren árbores e plantas. Dez testemuñas que viviron nos lugares contan como o viviron e tiveron que fuxir cara a outros sitios. David Vázquez aproveitou o baleirado temporal dotramo do Miño durante os anos 2011 e 2012 para gravar o que nunca antes se vira en cincuenta anos.[4]
Estivo en aberto durante tres meses na canle Vimeo da Deputación de Lugo[5], desde onde se animou á cidadanía a descubrir “un traballo excepcional ao redor dun suceso que forma parte da nosa historia” e que hoxe, á vista do que está a acontecer coa suba da luz, ofrece tamén unha oportunidade para tirar conclusións sobre como dende o Estado se repartiron e reparten os custos e os beneficios da produción de enerxía eléctrica en Galiza”.[6]
Colaboradores:
- Dirección e montaxe: David Vázquez
- Produción e promoción: Cristina López (Kris Pereira´s)
- Cámara: Humberto Novoa
- Son: Luis A. García Linares
- Guión: Afonso Eiré
- Música: Chechu Carballido e A Quenlla (música orixinal)
- Locución: Fernando Morán
- Deseño de carteis: Lomarti
- Deseño gráfico e créditos: Alba Sánchez
- Colaboración produción: Mercedes Vázquez e Begoña Sánchez
O documental tivo unha grande acollida en festivais como o 18º Cinema As Américas International Film Festival de Austin Texas ou o festival de cinema underground de Berlín entre outros.
En agosto de 2024 presentouse en Chantada Recordos Asolagados, unha curta de 15 min con fragmentos do proxecto. Na duodécima edición do Festival Internacional Luna de Cortos Recordos asolagados obtivo o triunfo na sección Rural-Premio Miguel Pérez Trébol.[7]
Premios
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Asolagados (2013)" (en castelán). Consultado o 2022-05-04.
- ↑ "A memoria das aldeas anegadas polo encoro de Belesar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-05-04.
- ↑ Rodil, Ana (2013-08-10). "David Vázquez: Hai xente que non superou que a súa casa quedase debaixo da auga, que hoxe aínda chora". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-05-04.
- ↑ Cortés, Carlos (2014-09-26). "David Vázquez: «Estamos subtitulando 'Asolagados' en inglés para enviar o documental a máis festivais»". La Voz de Galicia. Consultado o 2022-05-04.
- ↑ Lemos, Diario de (2021-09-20). "El documental 'Asolagados', de David Vázquez, disponible en el canal de Vimeo de la Diputación". Diario de Lemos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-04.
- ↑ "DOCUMENTAL “ASOLAGADOS” , DE DAVID VÁZQUEZ, PODERASE VER NA CANLE DE VIMEO DA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN". encomun.es. Consultado o maio 2022.
- ↑ "El Festival Luna de Cortos de Riego de la Vega cierra el telón con ‘Sexo a los 70’". La Nueva Crónica (en castelán). 2025-08-02. Consultado o 2025-08-03.
- ↑ "Moncho do Pío". Biblioteca Pública Municipal de Chantada. Consultado o 2022-05-04.