O Piloto (documental)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O piloto
Ficha técnica
DirectorXosé Reigosa
ProdutorDousPuntoOito
GuiónAfonso Eiré
MúsicaArturo Vaquero
Duración90 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodocumental

O Piloto é un documental de 2015, dirixido e realizado por Xosé Reigosa e con guión de Afonso Eiré.

Está centrado na figura de Xosé Castro Veiga "O Piloto"

Características[editar | editar a fonte]

Recréase a figura do Piloto no ano 2015 cando se cumprían os 50 anos da súa morte.

Recóllense os testemuños dunhas 50 persoas que tiveron algún tipo de relación co Piloto ou co estudo da súa figura: [1] compañeiros, enlaces, apoios e xentes que tiveron relación con el, para ben ou para mal. Tamén se dan a coñecer documentos inéditos como as relacións co PCE, as principais accións, por que sobreviviu tanto tempo, as causas de continuar a loita, que facía nos últimos anos, os nomes dos gardas que o abateron... E unha entrevista realizada no 1979 á súa compañeira Mirelle.[2]

Segundo Xosé Reigosa “Foi un traballo bastante intenso, xa que fixemos máis de medio centro de entrevistas e contabilizamos 100 horas de rodaxe, completando máis de 8.000 quilómetros entre os dous. Comezamos a traballar a finais do verán de 2013 e ocupounos todo o 2014; en total, preto dun ano e medio de documentación, gravación e edición”.[3]

O actor chantadino Ramón Rodríguez Porto interpreta ao Piloto nestre traballo audiovisual.[4] Xosé Reigosa e Luís Figueiras fixeron de gardas civís.

Promovido pola Deputación Provincial de Lugo proxectouse en varias localidades da provincia.[5] E tamén noutros lugares de Galicia.

Foi patrocinado por Cultura e Turismo-Deputación de Lugo, coa colaboración de Concello de Chantada, Concello de Monforte de Lemos, Concello de Pobra do Brollón e Adegas Amedo.

Edición[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Piloto de Xosé Reigosa". www.lagavillaverde.org. Consultado o 2022-05-09. 
  2. "Xornal Vigo". xornal.vigo.org. 
  3. Diario, Nós (2015-02-12). "A loita de ‘O Piloto’, o último guerrilleiro anti-franquista galego, revive nun documental". Nós Diario. Consultado o 2022-05-09. 
  4. "O documental sobre O Piloto revela os nomes dos gardas que o abateron". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-02-13. Consultado o 2022-05-09. 
  5. "El documental «O Piloto» se proyectará en cinco localidades mariñanas". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-04-09. Consultado o 2022-05-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]