Saltar ao contido

Clima da Área da Baía de Tampa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe da rexión da Baía de Tampa.

A área da Baía de Tampa ten un clima subtropical húmido (Köppen Cfa), con veráns cálidos e húmidos e abundantes treboadas e invernos secos con temperaturas baixo cero que se dan cada 2-3 anos. A zona presenta unha importante estación chuviosa durante o verán, xa que case dous terzos das precipitacións se dan entre xuño e setembro. A área esta catalogada polo Departamento de Agricultura como zona de rusticidade 10, onde se poden cultivar cocos e palmeiras reais. As máximas oscilan entre 18 e 35 °C) durante todo o ano. A pesar de que os veráns son calorosos, as temperaturas máximas de Tampa nunca chegaron os 38 °C; a máxima histórica foi da cidade foi de 37 °C. A máxima histórica de San Petersburgo foi de 38 °C.[1]

O Condado de Pinellas localízase nunha península entre a Baía de Tampa e o golfo de México, e a maior parte da cidade se Tampa atópase nunha pequena península que sobresae da Baía de Tampa. A proximidade a grandes masas de auga suaviza as temperaturas e aporta grandes cantidades de humidade á atmosfera. En xeral, os barrios máis afastados da costa teñen unha amplitude técnica maior, tanto durante o día coma no conxunto das estacións.[2]

Clima por estacións

[editar | editar a fonte]

Primavera

[editar | editar a fonte]

A primavera na área de Tampa é normalmente temperada e seca, con máximas que roldan os 25 C e mínimas que roldan os 13 C. Porén, cara a fin da estación poden aparecer frontes frías. A confluencia entre unha masa de aire frío e outra de aire quente e húmido pode causar borrascas que ocasionan danos na zona debidos ao forte vento.[3][4]

Cumulus sobre o Centro de Convencións de Tampa nunha tarde de verán.

As temperaturas son altas dende mediados de maio ata mediados de outubro, coincidindo aproximadamente coa tempada de choivas. O clima durante o verán é moi constante, con máximas ao redor de 32 °C e mínimas que roldan os 24 °C. Estas temperaturas están acompañadas por unha alta humidade e son habituais as borrascas, que se producen practicamentee todas as tardes.

As columnas térmicas, xunto coa brisa mariña procedente tanto do Golfo coma do Atlantico, producen cumulus que se sitúan no interior da península de Florida. Normalmente, as tormentas resultantes desprázanse lentamente cara a zona oeste da baía, aínda que poden descargar as precipitacións antes de chegar a Tampa se os ventos do leste son suaves ou se a brisa do golfo de México é moi forte. As treboadas nocturnas no mar son provocadas polas frontes de aire terrestre, que son equivalentes ás frontes de brisa mariña que se producen durante o día.[2]

As treboadas vespertinas supoñen normalmente breves períodos de choiva intensa acompañados por raios. Trala fin das precipitacións, o ceo clarea e o tempo é máis fresco. En ocasións, prodúcense fortes treboadas que provocan fortes ventos, saraiba, choivas torrenciais, e ás veces tornados. Aínda que Florida ocupa o primeiro posto nos Estados Unidos en canto a tornados por quilómetro cadrado, a maioría son pequenos, débiles e de curta duración.[5] As trombas de auga son relativamente comúns na Baía de Tampa e na costa do golfo durante as treboadas estivais, chegando ocasionalmente a tocar terra en forma dun tornado de pouca duración.

A pesar de que a área da Baía de Tampa recibe ás veces o nome de "capital mundial do raio",[6], a denominación máis correcta, atendendo ao número de días con treboadas ao ano, é a de “capital norteamericana do raio”. Durante o verán, a zona centro-oeste de Florida recibe tantos raios coma as zonas de máis actividade deste tipo no mundo, tales coma o Lago Victoria ou a bacía central do Amazonas. Porén, entre os meses de outubro e maio as treboadas son escasas, o que reduce a media anual.[2]

Todos os anos, prodúcense en Florida unha media de 10 mortos e 30 feridos por mor do impacto dun raio; polo xeral, varios destes incidentes ocorren preto ou na propia cidade de Tampa.[7] O experto en raios da Universidade de Florida, Martin A. Uman, calculou que cada cidadán soporta anualmente de 10 a 15 raios nunha area dun quilómetro ao seu redor.[8] TECO Energy, a compañía que proporciona a electricidade ba zona, gasta máis de 1 000 000 de dólares anualmente na reparación de transformadores e outro equipamento danado pola caída de raios.[3]

Coa entrada do outono, tanto as temperaturas como as precipitacións medias descenden. As máximas modéranse en algo máis de 25 °C; isto provoca que diminúa a humidade derivada da evaporación e que se produzan menos treboadas, que é raro que se produzan a partir de mediados de outubro. Se ben a choiva diaria é menos frecuente, a temporada de furacáns esténdese até finais de novembro, e a zona vese afectada por algún furacán ou tormenta tropical durante o outono.[3]

Os invernos son, polo xeral, temperados e secos; as máximas están preto dos 21 °C, con ceos maioritariamente soleados. O paso ocasional de frontes frías provoca choivas seguidas por uns días de temperaturas máis frías.[2] As mínimas non adoitan baixar de 0 °C, sucedendo isto tan só cada 2-3 anos.[2] Aínda que pouco frecuentes, as xeadas constitúen un perigo importante para a agricultura e acuicultura da zona, debido a que as especies existentes son moi sensíbeis ao frío.

É raro que se produzan precipitacións en forma de neve ou saraiba. Na gran tormenta de neve producida en 1899, Tampa sufriu a única gran nevarada da súa historia, cun "efecto baía" na Baía de Tampa.[9]

Os últimos rexistros que amosan algo de precipitación en forma de neve son do 17 de xaneiro de 1977. Aínda que só se acumulou unha capa de 13 milímetros de neve, debido ao inesperado da nevarada, varias escolas, negocios e estradas foron pechadas ata que a neve se derreteu pola tarde.[10] Moitos cidadáns residentes no sur do Condado de Pinellas notificaron unha lixeira nevarada o 23 de decembro de 1989, pero as estacións meteorolóxicas non rexistraron tal nevarada.[11]

O inverno de 2009-2010 foi un dos máis fríos na zona. Tanto en Tampa coma en San Petersburgo as temperaturas máximas non superaron os 16 °C durante dez días, e Tampa experimentou dez días consecutivos con mínimas baixo cero.[12][13] A maior parte da zona recibiu unha mestura de choiva, auganeve e uns poucos copos de neves entre o 9 e o 10 de xaneiro.[14]

A temperatura mínima histórica de Tampa foi de −8 °C e a de San Pertersburgo de −7 °C, ambas producidas durante unha onda de frío acaecida o 13 de decembro de 1962.[15]

Media de precipitacións e sol

[editar | editar a fonte]

Debido ás frecuentes treboadas estivais, Tampa ten unha pronunciada estación chuviosa, recibindo unha media total de 710 mm de precipitación dende xuño a setembro e tan só uns 460 mm durante o resto do ano. As precipitacións medias acostuman aumentar cara finais do verán, especialmente setembro, por mor dos furacáns, que poden depositar grandes cantidades de precipitacións nun só día. Excepto durante a estación chuviosa do verán, a maior parte das precipitacións son ocasionadas polo paso ocasional de frontes climáticas.[3]

Os datos de precipitacións en Tampa son similares aos do resto da zona. Os barrios situados cara ao interior tenden a recibir algo máis de precipitacións ca os que se atopan na costa.[16]

A área recibe grandes cantidades de sol durante case todo o ano, cun total de 2.920 horas ao ano, o que supón un 66,7% do total posíbel.[17] A cantidade diaria de sol alcanza o seu máximo en maio, cando o ángulo de incidencia solar incrementa as horas diarias de sol e a temporada de chuvias aínda non comezou.[17]

Tormentas tropicais

[editar | editar a fonte]
Furacán Frances sobre Florida en 2004.

Entre xuño e novembro prodúcese a tempada de furacáns na conca Atlántica e no mar Caribe, cunha maior actividade entre mediados de agosto e mediados de outubro.[18] A chuvia caída debido aos sistemas tropicais supón unha importante achega ás precipitacións anuais da zona e é vital para repoñer a subministración de auga ao redor da Baía de Tampa.[19]

Pola zona pasan sistemas tropicais case todos os anos, pero é raro que estes golpeen a zona de forma directa. As probabilidades de que un furacán toque terra na área da Baía de Tampa nun ano determinado estímanse entre 1 sobre 25 e 1 sobre 50.[3][20] Aínda que os rexistros históricos amosan que a zona é vulnerábel a unha gran tormenta (como o "Gran "Vendaval de 1848", que destruíu a maior parte da vila de Tampa), a baía non sufriu o golpe directo de ningún furacán dende 1946, e o último de consideración produciuse en 1921.[21][22]

Resumos climáticos de Tampa e San Petersburgo

[editar | editar a fonte]
Datos climáticos para Tampa, Florida (Aeroporto Internacional de Tampa), 1981−2010
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 86
(30)
88
(31)
92
(33)
93
(34)
98
(37)
99
(37)
98
(37)
98
(37)
96
(36)
95
(35)
90
(32)
86
(30)
99
(37)
Media máxima en °F (°C) 69,9
(21,1)
72,5
(22,5)
76,3
(24,6)
81,0
(27,2)
87,2
(30,7)
89,6
(32)
90,1
(32,3)
90,2
(32,3)
88,9
(31,6)
84,3
(29,1)
78,0
(25,6)
72,0
(22,2)
81,7
(27,6)
Media mínima en °F (°C) 51,6
(10,9)
54,4
(12,4)
58,2
(14,6)
63,0
(17,2)
69,7
(20,9)
74,8
(23,8)
75,9
(24,4)
76,2
(24,6)
74,5
(23,6)
68,0
(20)
60,3
(15,7)
54,2
(12,3)
65,1
(18,4)
Temperatura mínima en °F (°C) 21
(−6)
22
(−6)
29
(−2)
38
(3)
49
(9)
53
(12)
63
(17)
66
(19)
54
(12)
40
(4)
23
(−5)
18
(−8)
18
(−8)
Chuvia media polgadas mm) 2,23
(56,6)
2,80
(71,1)
3,03
(77)
2,03
(51,6)
2,10
(53,3)
6,68
(169,7)
7,06
(179,3)
7,76
(197,1)
6,29
(159,8)
2,25
(57,2)
1,55
(39,4)
2,47
(62,7)
46,25
(1 174,8)
Media de días con chuvia (≥ 0.01 inch) 6,8 6,6 6,6 4,9 5,5 12,7 15,9 16,0 12,2 6,5 5,1 5,8 104,6
Media de horas de sol mensuais 198,4 203,4 266,6 300,0 313,1 279,0 266,6 248,0 222,0 232,5 201,0 192,2 2 922,8
Fonte: NOAA (1890−presenet)[23], Hong Kong Observatory (só sol, 1961−1990)[17] Weather Channel[24]
Datos climáticos para San Petersburgo, Florida
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °F (°C) 69,3
(20,7)
70,7
(21,5)
75,2
(24)
80
(27)
85,8
(29,9)
89,2
(31,8)
90,2
(32,3)
89,9
(32,2)
88,2
(31,2)
83
(28)
76,6
(24,8)
71,1
(21,7)
80,8
(27,1)
Media mínima en °F (°C) 54
(12)
55,2
(12,9)
59,7
(15,4)
64,6
(18,1)
70,8
(21,6)
75,2
(24)
76,6
(24,8)
76,8
(24,9)
75,8
(24,3)
70
(21)
62,9
(17,2)
56,3
(13,5)
66,5
(19,2)
Chuvia media polgadas mm) 2,76
(70,1)
2,87
(72,9)
3,29
(83,6)
1,92
(48,8)
2,80
(71,1)
6,09
(154,7)
6,72
(170,7)
8,26
(209,8)
7,59
(192,8)
2,64
(67,1)
2,04
(51,8)
2,60
(66)
49,58
(1 259,3)
Media de días con chuvia 6,3 6,1 6,1 4,2 5 10,3 13,5 14,2 12 5,9 5 5,5 94,1
Fonte: NOAA [25]
  1. Tampa Weather Forecasts on Yahoo! Weather Arquivado 16 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. Weather.yahoo.com. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Winsberg, Morton (2003). Florida Weather. Gainesville: University Press of Florida. ISBN 0-8130-2684-9. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Henry, James (1998). The Climate and Weather of Florida. Sarasota, Florida: Pineapple Press (FL). ISBN 1-56164-036-0. 
  4. http://www.sptimes.com/News/050700/TampaBay/Horrific_accident_cre.shtml
  5. "Top Ten Tornado Lists". Tornadoproject.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de xuño de 2010. 
  6. Jeff Klinkenberg (2008). Meet Thunderman. Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine. St. Petersburg Times. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  7. St. Petersburg Times (1999). Lightning capital of the nation. Arquivado 12 de abril de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  8. Lightning Research Laboratory (UF) Arquivado 19 de decembro de 2013 en Wayback Machine.. Lightning.ece.ufl.edu. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  9. Keith C. Heidorn (2002). Weather Almanac for January 2002: Miami's First Snowfall. The Weather Doctor. Consultado o 17 de febreiro de 2009.
  10. ShannonMulaire (2009-01-28). "Will it snow in Tampa?". Myfoxtampabay.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 2010-06-21. 
  11. The Great Tampa Bay snow of '89. St. Petersburg Times. Retrieved on 2009-02-17.
  12. "Coldest winter in Tampa since 1969 ends Saturday". .tbo.com. 2010-03-19. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2010. Consultado o 2010-06-21. 
  13. "Record Breaking 10 Straight Days Below 60 Degrees WTSP.com 10 Connects". Wtsp.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2013. Consultado o 2010-06-21. 
  14. "Sleet falls in the Tampa Bat area". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 23 de decembro de 2013. 
  15. "Average Weather for Tampa, FL - Temperature and Precipitation". www.weather.com. Consultado o 2008-02-23. 
  16. "The Weather Channel (weather.com)". The Weather Channel Interactive, Inc. Consultado o 2006-11-25. 
  17. 17,0 17,1 17,2 "Climatological Normals of Tampa". Hong Kong Observatory. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2013. Consultado o 2010-05-16. 
  18. National Weather Service Office in Tampa Bay, Florida (2009). Tampa Bay Area Tropical Weather Page. National Weather Service Southern Region Headquarters. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  19. Craig Pittman (2009). Tampa Bay Water likely to overdraw from aquifer this spring. Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine. St. Petersburg Times. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  20. Bob Macpherson (2008). Experts brief citizens on hurricane preparedness. Tampa Bay Beach Beacon. Consultado o 17 de febreiro de 2009.
  21. Chris Landsea (2005). Subject: E24) How long has it been since a hurricane or a major hurricane hit a given community in the United States? Hurricane Research Division. Consultado o 6 de febreiro de 2009.
  22. Leonora Lapeter (2005). Hurricane season ends, yet lingers. St. Petersburg Times. Consultado o 17 de febreiro de 2009.
  23. "NowData - NOAA Online Weather Data". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 2012-01-22. 
  24. "Average Weather for Tampa, FL - Temperature and Precipitation". The Weather Channel. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2012. Consultado o 2011-10-03. 
  25. "NCDC: U.S. Climate Normals". National Oceanic and Atmospheric Administration. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 2010-05-16.