Unha historia que non vou contar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha historia que non vou contar
Autor Cid Cabido
Artista da cuberta Manuel G. Vicente
País Galiza
Lingua galego
Xénero(s) Novela
Editorial Edicións Xerais
Data de pub. decembro de 2009
Formato 14,5 x 22 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas 272
ISBN ISBN 978-84-9914-061-2


Unha historia que non vou contar é unha novela de Cid Cabido, publicada por Edicións Xerais en decembro de 2009.

Trama[editar | editar a fonte]

A obra está ambientada en Vigo entre decembro de 2005 e o verán de 2007, e está narrada en primeira persoa polo propio autor en forma de non-fiction novel. Fala da procura de información sobre a morte de Antonio Alfarem Baquet (heterónimo de Antonio Alfageme del Busto), empresario vigués asasinado en abril de 1974. Ao mesmo tempo, trata a súa relación con Tonche (amigo seu que lle deixa un apartamento), Paula (moza coa que ten unha relación durante ese tempo) e Rebeca (irmá de Paula).

Feitos reais[editar | editar a fonte]

Antonio Alfageme apareceu morto o 20 de abril de 1974 (5 días antes da revolución dos cravos) na súa oficina de Vigo. Na prensa local, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, dan información sesgada e dun modo moi prudencial, ao tratarse dunha persoa moi respectada na sociedade viguesa. Era presidente da patronal de conserveiras de Galicia e cónsul honorario de Chile, e fora presidente do Real Club Celta entre 1958 e 1959[1]. Noutras publicacións, como o ABC do 23 de abril[2], tamén se falou do tema.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Presidentes do Real Club Celta, en www.celtavigo.net (consultado o 11 de febreiro de 2010)
  2. "El presidente de la Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia, asesinado en Vigo", artigo no ABC de Sevilla, 23 de abril de 1974 (consultado o 11 de febreiro de 2010)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]