Grupo abeliano (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grupo abeliano
Título orixinalGrupo abeliano
Autor/aXosé Cid Cabido
OrixeGaliza
Linguagalego
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.1999
Formatoedición rústica cosida a fío
14,5 x 22 cm
Páxinas152
ISBN978-84-8302-466-9
editar datos en Wikidata ]

Grupo abeliano é unha novela de Xosé Cid Cabido publicada en 1999. Ese mesmo ano foi gañadora do Premio Blanco Amor de narrativa.

Trama[editar | editar a fonte]

A novela narra as peripecias dun grupo de seis ou sete amigos durante unha semana.

A historia comeza in medias res na mañá do primeiro día. O grupo de mozos está na sede do Goberno Civil, e alí convencen o gobernador para que evacúe o edificio e deixe o seu posto. Desde aí diríxense a unha lavandería, onde deixan a lavar os calcetíns, e despois mercan outros novos.

Deseguido continúan, durante sete días, improvisando en boa medida (agás unha visita a unha entidade bancaria) as súas accións: tanto as máis básicas (onde durmir e comer) como as máis lúdicas ou simplemente de entretemento.

Mediante o diálogo e a acción directa non teñen problemas para comeren sen pagar, recargar combustible, e mesmo conseguiren armas de fogo nunha comisaría.

Como fin inmediato teñen conseguir unha furgoneta para iren de viaxe cara ao norte, e cartos para viaxaren durante algúns meses.

Narración[editar | editar a fonte]

A narración está feita en primeira persoa por un dos protagonistas. É unha narración liñal, sen analepses nin prolepse.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Ao castelán por Sara Cid Cabido co título de Grupo abeliano publicado en 2000 por Alianza Editorial, Col. Alianza ficción[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha Arquivado 16 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa