Wellington Koo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wellington Koo

Vi Kyuin Wellington Koo (Chinés: 顾维钧;Pinyin: Gù Wéijūn; Wade-Giles: Ku Wei-chün) (29 de xaneiro de 188714 de novembro de 1985) foi un diplomático chinés, e representante do seu país na Conferencia de Paz de París de 1919.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en Shangai en 1887, foi ós Estados Unidos en 1904 e estudou a cultura occidental para axudar a China co problema do imperialismo. Falaba un inglés fluído, e interesouse pola posición de China na sociedade internacional.

Koo asistiu á Universidade Saint John de Shangai e á Universidade de Columbia, onde foi membro da Philolexian Society, un clube literario e de debate. En 1912, Koo recibiu o seu título en leis internacionais e diplomacia pola Universidade de Columbia. Inmediatamente, volveu a China para servir á nova República de China como o Secretario en Inglés do Presidente. En 1915, Koo foi feito Ministro de China para os Estados Unidos.

En 1919, foi un dos delegados chineses na Conferencia de Paz de París, polo que e maiormente coñecido. Antes de que o fixeran os poderes occidentais, xa pedía que Xapón devolvese Shangdong a China. Tamén lles pediu ós países occidentais que remataran con tódalas institucións imperialistas como a extraterritorialidade, o control de tarifas, protección de legados e paro de préstamos. Os poderes occidentais rexeitaron as súas peticións e, en consecuencia, a delegación de China foi a única que non asinou o Tratado de Versalles na cerimonia de asinamento.

Koo tamén estivo involucrado na formación da Sociedade de Nacións, como primeiro representante chinés. Durante un período de caos en Beijing en 1926-1927 actou como Presidente de China. Máis tarde serviu como Ministro de Exteriores baixo o gabinete de Chang Tso-lin, e representou a China perante a Sociedade de Nacións para protestar pola invasión xaponesa de Manchuria. Tamén foi embaixador de China en Francia dende 1936 a 1940, cando Francia foi ocupada por Alemaña. Despois sería embaixado no Reino Unido até 1946. En 1945, Koo foi un dos membros fundadores das Nacións Unidas. Mais tarde, foi embaixador nos Estados Unidos tentando manter a alianza entre a República de China e os Estados Unidos mentres o Kuomingtang comezaba a perder fronte os comunistas chineses e tiñanse que retirar a Taiwan.

Koo se retirou do servizo diplomático chinés en 1956 após 44 anos e dúas guerras mundiais. Foi o diplomático máis experimentado e respectado de China. En 1956 Koo convertiuse en xuíz da Corte Internacional de Xustiza n'A Haia, e serviu como Vicepresidente da Corte durante os tres derradeiros anos do seu período. En 1967 retirouse e mudouse a Nova York onde pasou o resto da súa vida até a súa morte en 1985 á idade de 98 anos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A primeira esposa de Koo foi Pao-yu Tang, que era a filla máis nova do antigo Primer Ministro Chinés Tang Shaoyi e a primeira prima da pintora e actriz Mai-Mai Sze[1]. Con ela tivo dous fillos, Wellington Koo Jr., nacido en 1921 e Freeman Koo, nacido en 1923.[2] </ref>[7]</ref>

A segunda muller de Koo foi Juliana Oei[3]. Foi unha das 45 fillas do magnate do azucre chinés con base na Illa de Xava Oei Tiong -ham[4]. Con ela tivo outros dous fillos, un fillo, Teh-chang Koo e unha filla, Patricia Koo.

Koo e a súa segunda muller separáronse na década dos 50, cando el xa vivía con outra muller, a quen presentaba en sociedade como a súa esposa. Porén, el e Juliana Koo nunca se divorciaron.[5].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1][2][3][4]"Chinese Minister to Mexico Chosen: V.K. Wellington Koo, Graduate of Columbia, Also Envoy to Peru and Cuba", The Nwe York Times, 26 July 1915
  2. "Koo's Son Made Citizen; Daughter-in-Law of Ex-Envoy of China Also Takes Oath", The New York Times, 15 August 1956
  3. [5]
  4. [6]
  5. http://thestar.com.my/lifestyle/story.asp?file=/2007/4/1/lifearts/17275500&sec=lifearts]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wellington Koo
  • Craft, Stephen G. V.K. Wellington Koo and the Emergence of Modern China. Lexington: University Press of Kentucky, 2003.


Predecesor:
Du Xigui
Presidente da República de China
1926–1927
Sucesor:
Zhang Zuolin
(Xeneralísimo do Movemento Militar)
Predecesor:
Wei Daoming
Embaixador de China nos Estados Unidos
1946–1956
Sucesor:
Chai Zeming