Banato Norte
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Banato.
Distritos de Voivodina.
Distritos de Voivodina.
O distrito do Banato Norte (en serbio cirílico Севернобанатски округ, en serbio latino Severnobanatski okrug) é unha subdivisión administrativa da República de Serbia.
No censo de 2011 contaba cunha poboación de 146.690 habitantes.[1] A capital do distrito do Banato Norte é a cidade de Kikinda.
O distrito está situado no extremo norte de Serbia, na provincia autónoma de Voivodina, estendéndose pola parte norte do Banato serbio e por unha parte da rexión da Bačka.
Índice |
Municipios do Banato Norte [editar]
| Nome | Superficie (en km²) |
Poboación 2002[2] | Poboación 2011[3] | Estatuto |
|---|---|---|---|---|
| Ada | 229 | 18.994 | 16.785 | Municipio |
| Kanjiža | 399 | 27.510 | 24.995 | Municipio |
| Kikinda | 782 | 67.002 | 59.329 | Municipio |
| Novi Kneževac | 305 | 12.975 | 11.232 | Municipio |
| Senta | 293 | 25.568 | 22.961 | Municipio |
| Čoka | 321 | 13.832 | 11.388 | Municipio |
| Total | 2.329 | 165.881 | 146.690 |
Distribución da poboación por nacionacionalidades (2002) [editar]
No ano 2002, o distrito tiña 165.881 habitantes [4], repartidos da maneira seguinte:[5]
| Nacionalidade | Número | % |
| Húngaros | 78.551 | 47,35 |
| Serbios | 72.242 | 43,55 |
| Romamís | 3.944 | 2,37 |
| Iugoslavos | 3.018 | 1,81 |
| Outros |
- Dous municipios tiñan maioría de serbios:
- Kikinda (76,43 %)
- Novi Kneževac (59,53 %).
- Kikinda (76,43 %)
- Catro municipios tiñan mairoría de húngaros:
- Ada (76,64 %)
- Čoka (51,56 %)
- Kanjiža (86,52 %)
- Senta (80,51 %)
- Ada (76,64 %)
Linguas (2002) [editar]
Cultura [editar]
A cidade de Kikinda é célebre polos seus pintores, sobre todo Teodor Ilić Češljar, Nikola Aleksić, Djura Pecić e Djura Jakšić, este último tamén escritor.
Notas [editar]
- ↑ Censo oficial da poboación de Serbia 2011 (en inglés) Consultada o 10/1/2012.
- ↑ [1]
- ↑ Véxase nota 1
- ↑ Véxase nota 1
- ↑ http://webrzs.stat.gov.rs/WebSite/ (en inglés) Consultada o 10/1/2012.