Lista de emperadores romanos
Esta é a lista dos emperadores romanos, indicando a data en que estes controlaron o Imperio Romano, até á caída do Imperio do Occidente.
Nótese que, ao contrario do que moita xente pensa, Xulio César nunca foi emperador (princeps), aínda que foi nomeado ditador vitalicio en -45 (a pesar de teren existido outros ditadores romanos antes del) e, aínda, a pesar dalgúns historiadores romanos así o designaren. Por outro lado, o nome César tornouse nome de familia da primeira dinastía, sendo usado como un título, manténdose esa tradición por todo o imperio. Suetonio, por exemplo, fala dos Doce Césares, incluíndo as dúas primeiras dinastías e o propio Xulio César, que sen o ter sido era xa, case lendariamente, o primeiro emperador romano.
Para a adoración do emperador romano como Deus, véxase Culto imperial
Xulio-Claudianos [editar]
- Augusto (-27 - 14).
- Tiberio (14 - 37).
- Gaio César (Calígula) (37 - 41).
- Claudio (41 - 54).
- Nerón (54 - 68).
Crise: ano dos catro emperadores [editar]
Flavianos ou Dinastía Flavia [editar]
Antoninos: Cinco bos emperadores [editar]
- Nerva (96 - 98).
- Traxano (98 - 117).
- Adriano (117 - 138).
- Antonino Pío (138 - 161).
- Marco Aurelio (161 - 180) (co-emperador Lucio Vero 161 - 169; trono reclamado por Avidio Casio 175).
- Cómodo (180 - 193).
Dinastía dos Severos [editar]
- Pertinax (193) (recoñecido como emperador por Septimio Severo).
- Septimio Severo (193 - 211) (trono reclamado por Didio Xuliano 193, Pescenio Níxer 193 - 194, e Clodio Albino 193 - 197).
- Caracalla (211 - 217).
- Macrino (217 - 218).
- Heliogábalo (218 - 222).
- Alexandre Severo (222 - 235).
Gobernantes na Anarquía militar [editar]
- Maximino Tracio (235 - 238).
- Gordiano I e Gordiano II (238).
- Pupieno e Balbino (238).
- Gordiano III (238 - 244) (trono reclamado po Sabiniano 240).
- Filipo o Árabe (244 - 249) (trono reclamado por Pacancio 248, Iotapiano 248, e Silbanaco).
- Decio (249 - 251) (trono reclamado por Prisco 249 - 252, e Liciniano 250).
- Herenio Etrusco (251).
- Hostiliano (251).
- Treboniano Galo (251 - 253).
- Emiliano (253).
- Valeriano I (253 - 260).
- Galieno (260 - 268) (trono reclamado por Inxenuo 260; Regaliano 260; Macriano Maior, Macriano Menor e Quieto 260 – 261; Musio Emiliano261 - 262; e Auréolo 268).
- Claudio II, o Gótico (268 - 270).
- Quintilo (270).
- Aureliano (270 - 275) (trono reclamado por Domiciano 270 - 271, e Septimio 271).
- Tácito (275 - 276).
- Floriano (276).
- Probo (276-282) (trono reclamado por Saturnino 280, Próculo 280, e Bonoso 280).
- Caro (282-283).
- Carino (283-285), co-emperador: Numeriano (283 – 284).
Tetrarquía Imperial [editar]
- Diocleciano (284 - 305) (co-emperador Maximiano 286 - 305).
- Constancio Cloro (305-306) (co-emperador Galerio 305 - 311, que eleva a Flavio Valerio Severo (305-306) a Augusto).
- Constantino I, o Grande (306 - 337) (co-emperadores Galerio, Licinio 308 - 324, e Maximino Daia 308 - 313; trono reclamado por Maxencio 306 - 312, e Domicio Alexandre 308 - 309).
Casa de Constantino [editar]
- Constancio II (337 - 361) (con Constantino II 337 - 340, Constancio 337 - 350; trono reclamado por Magnencio 350 - 353).
- Xuliano (361 - 363). Coñecido polo cognome "O Apóstata".
- Xoviano (363 - 364).
Dinastía Valentiniana [editar]
- Valentiniano I (364 - 375) (co-emperador Valente 364 - 378; trono reclamado por Procopio 364 - 365).
- Graciano (375 - 383) (co-emperador Valentiniano II, 375-392; trono reclamado por Magno Máximo, 383 - 388).
Casa de Teodosio [editar]
Imperio do Occidente [editar]
- Honorio (395 - 423) (coemperador Constancio III 421; trono reclamado por Prisco Atalo 409 - 410 e, novamente, en 414 - 415, Constantino III 409 - 411, e Xovino, 411 - 412).
- Valentiniano III (423 - 455) (trono reclamado, tamén, por Xoán 423 - 425).
- Petronio Máximo (455).
- Avito (456 - 457).
- Maioriano (457 - 461).
- Libio Severo (461 - 465).
- Antemio (467 - 472).
- Anicio Olibrio (472).
- Glicerio (473 - 474).
- Xulio Nepote - (474 - 475/480).
- Rómulo Augústulo, último emperador do Imperio do Occidente (475 - 476).
Seguiron: os hérulos, co seu rei Odoacro, quen se proclama Rex Italiae, 'Rei de Italia'.
Imperio de Oriente [editar]
- Arcadio (395 - 408).
- Teodosio II (408 - 450).
- Marciano (450 - 457).
- León I (457 - 474).
- León II (474).
- Zenón, Emperador (474 - 491).
- Basilisco (475 - 476).
- Zenón (restauración) 476 - 491).
Seguiron os Emperadores bizantinos.