Dispositivo electrónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os dispositivos ou aparatos electrónicos consisten nunha combinación de diversos elementos ou compoñentes organizados en circuítos, destinados a controlar e aproveitar os sinais eléctricos, a diferenza dun dispositivo eléctrico, o cal serve para controlar e aproveitar o fluxo da corrente eléctrica.

Comparemos o funcionamiento dun dispositivo eléctrico e dun dispositivo electrónico para notar mellor o concepto anterior: Unha lámpada eléctrica aproveita o fluxo eléctrico para producir enerxía luminosa, mentres que un aparato amplificador de son gobernará, mediante os seus circuítos electrónicos, os sinais provintes dun micrófono, e os sinais excitadores dos altofalantes.

Un ordenador, está composto de diferentes dispositivos e circuítos electrónicos que cumplen variadas funcións, esencialmente gobernando sinais eléctricos, como por exemplo os producidos na unidade láser do lector de CD-ROMs.