The Sims 3
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Sims 3 é un videoxogo de simulación social e estratexia da franquía The Sims, orixinalmente creado por Maxis e desenvolvido por Electronic Arts.
Saída ao mercado[editar]
Saíu en DVD para Microsoft Windows e en CD para Macintosh o 2 de xuño de 2009 en América do Norte, o 4 de xuño en Australia e o 5 de xuño en Europa. O xogo vendeu 1.400.000 exemplares na súa primeira semana de distribución. Existen versións tamén para iPhone, iPod Touch, Blackberry e para móbiles.
Características[editar]
The Sims 3 realizouse cos mesmos conceptos ca os seus precursores, os xogadores controlan os Sims en varias actividades e forman relacións de xeito semellante á vida real. The Sims 3 como The Sims e The Sims 2, carecen dun obxectivo definido.