iPhone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O iPhone 4.

O iPhone é un teléfono intelixente da compañía Apple Inc..

Introdución no mercado[editar | editar a fonte]

Vista posterior do primeiro iPhone.

Apple anunciou o iPhone no 2007, tras varios rumores e especulacións que circulaban desde varios meses atrás. O iPhone introduciuse inicialmente nos Estados Unidos o 29 de xuño de 2007[1] e foi nomeado o Invento do Ano pola revista Time [2] no ano 2009.

O día 11 de xullo de 2008 [3] saíu a venta o iPhone 3G, estando dispoñible en 22 países. Esta versión do teléfono soportaba a transmisión de datos por 3G a unha velocidade máis rápida e tecnoloxía AGPS.

Para o evento WWDC'09 presentouse o iPhone 3GS (S de Speed), presentando o mesmo deseño ca o 3G, máis completamente renovado no seu interior. O iPhone 3GS é ata dúas veces máis rápido ca o seu predecesor cargando páxinas web ou executando aplicacións, ofrecendo mellores gráficos 3D e cunha cámara de 3 megapíxeles.

O día 7 de xuño de 2010 presentouse na WWDC'10 o iPhone 4, cun deseño totalmente renovado tanto no hardware como esteticamente. Contén o procesador Apple A4 que é o mesmo que ten o iPad, 512 MB de memoria RAM, Retina Display, dúas cámaras unha delas con opción de gravar en 720p HD.

Características xerais[editar | editar a fonte]

Conta con conexión a Internet, pantalla táctil de tecnoloxía multitáctic e unha interface de hadware minimalista. Posto que carece dun teclado físico, contén un virtual na súa pantalla multitáctil tanto en vertical como horizontal.

O iPhone permite a chamada en espera, conferencia entre 3, identificación de chamada, e a integración con outras funcións do iPhone. Non soporta marcación por voz (iPhone, iPhone 3G) nin vídeochamada (iPhone, iPhone 3G, iPhone 3GS, o único que soporta videochamada é o iPhone 4), a diferencia da maior parte dos teléfonos cos que compite.

O iPhone inclúe unha característica visual para a caixa de correos de voz, que permite aos usuarios ver unha lista das mensaxes da caixa de correos, sen necesidade de chamar á caixa de correos de voz. A diferenza doutros sistemas, pode escoitar mensaxes e suprimilos cunha orde, escollendo calquera mensaxe dunha lista que aparece na pantalla. AT&T, O2, T-Mobile Germany, e Orange, modificaron a infraestrutura da caixa de correos de voz para acomodar este novo trazo deseñado por Apple. Arquivouse un preito contra Apple e AT&T por Tecnoloxías Klausner reclamando que a característica da caixa de correos de voz visual do iPhone infrinxe dúas patentes.

A característica dos tons musicais, foi presentada nos Estados Unidos o 5 de setembro de 2008. Os tons poden ser de 3 a 40 segundos e pode ser calquera parte dunha canción, poden facer unha pausa de medio segundo cada 5 segundos, e nunca terminar. Toda a personalización pode facerse mediante iTunes, e os sinais de chamada tamén poden ser usadas para alarmas do iPhone. Os sinais de chamada por encargo, poden ser creadas usando o software GarageBand de Apple 4.1.1 (dispoñible só para Mac OS X) e ferramentas que non sexan de Apple.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Existen varias aplicacións na pantalla principal do iPhone:

  • Mensaxes: Permite enviar SMS e mensaxes multimedia.
  • Calendario: Un calendario para xestionar citas e datas especiais.
  • Fotos: Para visualizar e xestionar fotografías.
  • Cámara: Permite facer fotografías e vídeo e gardas no carrete. (A opción de vídeo só está dispoñible no iPhone 3GS e 4G).
  • YouTube: Navegador e visualizador de vídeos de YouTube.
  • Bolsa: Permite ver as últimas cotizacións en bolsa en directo (servizo proporcionado por Yahoo!).
  • Mapas: Ferramenta para visualizar mapas e establecer rutas, utiliza a tecnoloxía de Google Maps incluído o servizo de Street View.
  • Tempo: Permite visualizar en tempo real a temperatura das Cidades que desexes (servizo proporcionado por Yahoo!).
  • Reloxo: Contén reloxo mundial, alarma, cronómetro e temporizador.
  • Calculadora: Para realizar operacións con ela, se sitúas o iPhone horizontalmente, converterase nunha calculadora científica.
  • Notas: Un bloc de notas, para tomar apuntamentos, pegar texto nel.
  • Notas de Voz: Podes gravar notas de voz co micrófono que vén co iPhone de serie ou cos auriculares con mando e micrófono do iPod touch.
  • Axustes: Podes visualizar o tempo de uso do teu dispositivo, conectarche a unha rede Wi-Fi, conectar un dispositivo de audio por Bluetooth, preferencias das aplicacións, establecer un código para desbloquear, e demais axustes do teléfono.
  • iTunes Store: Para comprar música, vídeos, descargar podcasts e visualizar contidos.
  • App Store: Para comprar e descargar aplicacións para a túa iPhone.
  • Compás: Aplicación que serve para guiarche e facer a función de compás.

Existen outras catro aplicacións, na parte inferior da pantalla, que son as principais do iPhone: [4] [5]

Cámara[editar | editar a fonte]

Cámaras frontal e traseira do iPhone 4.

Cámara modelo iPhone 3G[editar | editar a fonte]

O iPhone contén unha cámara de 2.0 megapíxeles, que non posúe función macro ou flash. A calidade da cámara é moi criticada polos especialistas en fotografía, que consideran o modelo moi débil para os recursos que o teléfono ofrece. O usuario pode dar zoom só nas fotografías estirando os dedos con movemento de pinza do polgar e do indicador sobre a pantalla multi-touch. O software pode conectar co iPhoto, dispoñible en ordenadores Macintosh.

Cámara modelo iPhone 3GS[editar | editar a fonte]

O modelo iPhone 3GS contén unha cámara de 3.1 megapíxeles, que non posúe función flash. O modelo posúe función macro, toque para foco e foco automático. Posúe zoom dixital de 5 veces. Grava vídeos en calidade VGA. Observación: Algunhas funcións descritas aquí só son posibles coa actualización do iPhone OS para iOS 4 a través do iTunes.

Cámara modelo iPhone 4[editar | editar a fonte]

O modelo iPhone 4 contén unha cámara de 5 megapíxeles, que posúe función flash, macro, toque para foco, zoom dixital de 5 veces e gravación de vídeos en HD (720p). Posúe unha cámara frontal, da cal permite facer auto-retratos e posibilita a realización de vídeo chamadas a través do Face Time.

Modelos[editar | editar a fonte]

iPhone[editar | editar a fonte]

O primeiro iPhone, posúe pantalla multitáctil, altofalantes, cámara de 2.0 megapíxeles, jack para auriculares, conectividade EDGE e Wi-Fi. Pode recoñecerse pola súa banda traseira, que está dividida en 2, a parte superior é de cor aluminio, mentres que a inferior é negra.

iPhone 3G[editar | editar a fonte]

Fisicamente similar ao iPhone orixinal. Este modelo incorpora conectividade vía 3G, como o seu nome indica, A-GPS e unha nova carcasa enteiramente de plástico, ademais das características do primeiro iPhone.

iPhone 3GS[editar | editar a fonte]

Fisicamente igual ao iPhone 3G. O iPhone 3GS, obtén o seu nome da palabra inglesa speed (velocidade) , posto que é até dúas veces máis rápido que o iPhone 3G. Incorpora gravación de vídeo, compás e cámara de 3 megapíxeles con autofocus e balance de brancos, comandos de voz, ademais dunha maior duración da batería. Outras características novas, como a gravación de voz, copiar, pegar e cortar, entre outras, non son exclusivas do iPhone 3GS, senón do iPhone VOS 3.1, que tamén está dispoñible para os modelos anteriores.

iPhone 4[editar | editar a fonte]

Lanzado en Estados Unidos, Xapón, Reino Unido, Francia e Alemaña o 24 de xuño de 2010. De entrada a primeiro gran diferenza desta versión do teléfono é o seu deseño. Tanto a parte frontal como a traseira están feitas de vidro con silicato de aluminio ademais de posuír un marco de aceiro inoxidable o cal funciona tamén como antena. O iPhone 4 agora é máis delgado con 9.3 mm de espesor, sendo por agora, o máis delgado no mercado. A pantalla tamén presenta melloras. O seu tamaño é de 3.5 polgadas e con 960×460 píxeles. Denominado Display Retina, ten catro veces máis resolución que a do iPhone 3GS e con 326 píxeles por polgada, posúe un 78% dos píxeles do iPad. Como se esperaba, o iPhone 4 agora conta con dous cámaras, unha frontal para vídeo chamadas e outra traseira, cunha calidade 5 megapíxeles e flash fotográfico de LED. Agora é posible gravar vídeo en HD a 720p e a función de autofocus xa esta habilitada para vídeo. Como é de esperarse o iPhone 4 sairá de fabrica co novo sistema operativo, que foi renomeado a iOS4 (un nome máis coherente dado que o iPod Touch e o iPad fan uso del), e ademais das características que xa foran anunciadas do sistema operativo, a nova resolución brindase automaticamente mellor calidade aos textos e botóns, e os desenvolvedores poderán facer compatible as súas aplicacións con esta nova resolución. iMovie farase presente para poder editar directamente os vídeos HD tomados no teléfono.

Tamén incorpora a nova aplicación de iBooks, compra e le os teus libros electrónicos, Accesibilidade ofrece a lectura de pantalla e outras prestacións de accesibilidade e Cartafol para apps que nos permitirá organizar as aplicacións en cartafol para atopalas nun segundo.

Axuntado aos demais sensores do teléfono, un giroscopio foi incluído o cal axudará a ter máis precisión nos videoxogos deseñados para o iPhone 4 provendo en conxunto co acelerómetro, unha mellor análise de 6 eixos (arriba, abaixo, esquerda, dereita, enfronte e atrás).

O encore da presentación foi a función de vídeo chamada entre iPhones 4G, nomeada FaceTime e dispoñible por agora só vía WiFi, funciona sen necesidade de configuración algunha e é posible facer uso de ambas as cámaras do iPhone. E por último o buscador de Microsoft, Bing, foi engadido aos buscadores do teléfono aumentando as opcións a tres (Bing, Google e Yahoo). iPhone 4 vén en dúas cores, branco (esta vez por ambos os lados) e negro, con capacidades de 16 e 32 GB, estando dispoñible en Estados Unidos, Alemaña, Francia, Xapón e Reino Unido o 24 de xuño, o 30 de xullo en España e para finais de setembro atoparase dispoñible nun total de 88 países, comezando en xullo por Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Dinamarca, Finlandia, Hong Kong, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Países Baixos, Noruega, Nova Zelandia, Singapur, Corea do Sur, Suecia e Suíza.

As últimas noticias achega do novo produto da empresa de Cupertino apuntan a un posible fallo relacionado coa antena producido polo curtocircuíto entre a parte da mesma encargada do sinal Bluetooth, Wi-fi e GPS e a encargada do sinal UMTS e GSM. Este fenómeno en teoría produce un descenso notorio do sinal telefónico e o corte da chamada no caso de estar á realizar. Dita información foi desmentida por Apple na súa rolda de prensa do 16 de xullo na que afirmou que todos os móbiles, especialmente os smartphones, sofren unha deficiencia de recepción ao tapar a antena, que o iPhone 4 ocórrelle o mesmo e que por tanto o atribuír o fallo ao deseño da antena resulta un erro mundialmente estendido, que causou gran polémica e que casualmente se contradí co índice de vendas, a porcentaxe de fallos rexistrados respecto diso e o grao de satisfacción dos usuarios de Apple.

Apple acaba recoñecendo que algúns dos seus teléfonos teñen problemas coa cobertura depende de como se agarre o teléfono e ofreceu até o 30 de setembro gratuitamente a todos os posuidores dun iPhone 4 dunha funda protectora.

iPhone 4 Branco[editar | editar a fonte]

O lanzamento do modelo branco do iPhone 4 retrasouse case un ano con respecto ao modelo negro debido a uns problemas coa camara e a carcasa branca. Finalmente saíu ao mercado a finais do mes de abril de 2011 sendo este 0.2 mm máis ancho co modelo negro.[6]

iPhone 5[editar | editar a fonte]

Apple presentou o novo iPhone 5 o 12 de setembro de 2012. Celebrouse no Yerba Buena Center for the Arts, na cidade de San Francisco.

O iPhone 5 ten unha pantalla máis grande, que acepta cinco filas de iconas. Está construído en aluminio. É o máis fino que se fixera nunca (só 7,6 mm de grosor), e é un 20% máis lixeiro. A resolución da súa pantalla é 1136 x 640 pixels. Esta nova pantalla ten un 44% máis de saturación ca a anterior. O novo iPhone incorpora LTE, así como nova tecnoloxía Wi-Fi, que permite usar a banda de 5 Ghz e alcanzar velocidades de 150 Mbits/s. Trae novo procesador, A6, dúas veces máis rápido que o A5 que levaba o iPhone 4S e un 22% máis pequeno. Tamén mellorou a batería; agora dura 10 horas de navegación con Wi-Fi e 8 horas con LTE. O sensor da cámara é de 8 megapixels, cunha resolución de 2364 x 2448. A cámara é un 25% máis pequena que no modelo anterior. Pode tomar panorámicas de ata 28 megapixels. Pódese usar Facetime a través da conexión de datos. Dispón de tres micrófonos. Inclúe o novo sistema operativo iOS6. Está dispoñible en branco e negro.

O teléfono estará dispoñible en 16 GB, 32 GB e 64 GB. O 21 de setembro poderase mercar en Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Canadá, Singapur, Xapón e Hong Kong. Antes de final de ano chegará a 100 países máis.[7]

Dispoñibilidade[editar | editar a fonte]

Abaixo mostrase a lista dos países nos cales o iPhone está a venda oficialmente. [8].

Mapa xeográfico de venda do iPhone
O iPhone 4
Un iPhone sobre un Dock
Vendas do iPhone. Q1 representa a tempada do nadal.      iPhone orixinal     iPhone 3G     iPhone 3GS     iPhone 4.

Galego, vasco e catalán no iPhone[editar | editar a fonte]

Un iPhone mostrando a data en galego.

En España, o iPhone vén preconfigurado en castelán mais presenta a opción de cambiar a lingua ao catalán como lingua principal do teléfono. O galego e o éuscaro tamén están presentes no aparello pero tan só na opción do calendario para a visualización da data.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: IPhone Modificar a ligazón no Wikidata