DualShock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ao longo da historia das consolas de sobremesa de Sony, coñecidas como PlayStation, existiron unha gran variedade de mandos para elas. Aquí están tódalas versións (exceptuando a primeira versión que non tiña Joystick, e non é dualshock).

Modelos[editar | editar a fonte]

DualShock[editar | editar a fonte]

Control DualShock de PlayStation 1

DualShock é o mando de control analóxico de Playstation. Diseñouse sobre o xa existente mando analóxico de Sony Playstation (que agregaba 2 sticks analóxicos en comparación ao mando orixinal) engadindolle función de vibración interna e función de botón aos sticks, que ao presionalos toman a función dos botóns L3 (para o stick esquerdo) e R3 (para o dereito), ademais de forrarlos con goma para mellorar o agarre. Xeralmente, o stick esquerdo utilizase sempre para o movemento e o dereito ten un uso indefinido.

O mando é un elemento moi importante para xogar algúns xogos de Playstation ou Playstation 2, como por exemplo Ape Escape (que requería o uso de DualShock para poder xogar), Crash Bandicoot: Warped, Spyro the Dragon, Tekken 3 ou Gran Turismo.

O mando DualShock comercializouse en verán do 1997 sendo o videoxogo Gran Turismo o seu promotor, sustituíndo así ao mando de control dixital que incluía oficialmente a Playstation. Sen embargo, non foi o primeiro mando en incluír vibración, xa que en novembro de 1996 dita función foi engadida ao mando de Nintendo 64 có accesorio externo Rumble Pack cun motor de vibración. Sony diseñou o DualShock para rivalizar có RumblePack de nintendo, instalando o dispositivo de vibración dentro do propio mando e dotándolle de 2 motores de diferentes intensidades en lugar de 1 (De aí a procedencia do seu nome "Dual-Shock").

DualShock 2[editar | editar a fonte]

Mando DualShock 2 da consola PlayStation 2 (Slim e Fat).

Coa PlayStation 2, o DualShock 2 Controlador Analóxico (SCPH-10010) incluída nela era exactamente o mesmo modelo, por fora, que o controlador DualShock orixinal, pero de cor negro e o logotipo "DualShock 2". Internamente reduxeron o seu peso e tódolos botóns (agás o Select, Start, modo Analóxico, e os botóns L3 e R3) funcionaban analóxicamente, permitindo detectar a diferenza de presión aplicada de ata 8 bits de rango nos botóns. O mando DualShock 2 é compatible con tódolos xogos da consola PlayStation.

Sixaxis e DualShock 3[editar | editar a fonte]

Mando Dualshock 3, control actual da PlayStation 3.

Na Playstation 3 chegou unha importante revolución no aspecto de controladores para consolas de Sony. O mando engadiu a función de detección do movemento e a vibración. A este primeiro mando chamouselle Sixaxis, nome que significa «seis eixes» facendo referencia a os seis (six) eixes (axis) de detección de movemento (3 para movementos posicionais no espazo mediante acelerómetros e 3 para a detección de rotación). Máis tarde, debido ás críticas dos usuarios facía a falta de vibración, fixose unha revisión do mando có nome DualShock 3, que engade a función de vibración de novo ao mando:

Características:

  • Ten función inalámbrica a través de Bluetooth, con batería de litio de aproximadamente 30 horas de autonomía, cargándose a través dun cable USB-miniUSB. Ademais pódese conectar á consola a través do mesmo cable, sen necesidade de usar a función inalámbrica.[1]
  • Os botóns R2 e L2 son agora gatillos analóxicos.
  • Ao igual que na PSP, engadiuse o Botón Home (Botón PS) no centro do mando, similar ao botón Xbox Guide do mando da Xbox 360.
  • Ten catro leds na parte delanteira, que permiten saber en qué porto está conectado.
  • Mellorouse a súa sensibilidade con respecto a seu predecesor.
  • Introduxeronse seis grados de liberdade.
«Mando boomerang presentado el 2005 y oficialmente abandonado».

Ao principio diseñouse un mando con forma de Boomerang pero foi abandonado, volvendo ao diseño tradicional do DualShock.

A diferenza có Control Remoto Wii (ou WiiMote) é que o mando da PlayStation 3 usa un chip para detectar os vuelcos do mesmo, mentres que o mando da Wii usa un sistema de chip xiroscopio para sentir movementos de desprazamento, vuelco e aparte o posicionamento ao apuntar grazas aos infravermellos emitidos por unha barra que pódese colocar encima ou debaixo da televisión.

Recentemente, grazas a que Sony chegou a un acordo sobre unhas patentes coa empresa inventora do sistema de vibración (Immersion), presentouse oficialmente a revisión do Sixaxis, chamada DualShock 3,[2] que volve a ter a función de vibración. Lanzouse para novembro do 2007 en Xapón, en primavera de 2008 en Norteamérica e o 4 de jullo de 2008 en Europa. Engadiuse a tecnoloxía Touch sense, que permite a vibración independente dos dous motores de vibración, usar diferentes potencias, vibrando máis ou menos forte dependendo da situación, e poder vibrar en varias ráfagas seguidas.[3] [4] [5]

Moitos dos xogos que foron desenvolvidos có Sixaxis foran actualizados a través de PlayStation Network para poder usar a vibración do novo mando, ao igual que estreados a partir do seu lanzamento, que foron compatibles desde o principio.

DualShock 4[editar | editar a fonte]

Imaxe oficial do DualShock 4

DualShock 4 foi anunciado o 20 de febreiro de 2013, na conferencia PlayStation Meeting, xunto coa confirmación da PlayStation 4. É o primeiro mando da liña DualShock en cambiar significativamente o seu diseño, presentando un diseño máis redondeado que os seus predecesores. Presenta un panel táctil parecido ao usado na PlayStation Vita. Posee un diseño máis ergonómico, xunto cunha barra de luz LED na súa parte frontal, a cal cambia de cor dacordo ao número de xogador (Xogador 1 azul, xogador 2 vermello, xogador 3 verde, xogador 4 morado), tomando as catro cores dos botóns emblemáticos de Playstation; ademais en xogos dun solo xogador permitese aos desenvolvedores cambiar a cor ou a intensidade do LED para crear efectos relacionados có xogo.

Notas[editar | editar a fonte]