James Earl Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
James Earl Jones en 2010

James Earl Jones, nado o 17 de xaneiro de 1931 en Arkabutla, é un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do actor Robert Earl Jones, é coñecido por darlle voz a Darth Vader na franquía Star Wars, actuou en moitos outros filmes, sendos os papeis máis salientables o de Thulsa Doom en Conan o bárbaro (1982) e o de Terence Mann en Field of Dreams (1989), tamén dobrou ao Emperador da Noite en Pinocchio and the Emperor of the Night (1987) e a Mufasa e en The Lion King (1994). A súa voz caracterízase por un ton baixo, fondo e autoritario, é a voz dos lemas da CNN, "This is CNN", e da CNN International "This is CNN International".