The Afghan Whigs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Afghan Whigs
The Afghan Whigs.jpg
Orixe Cincinnati, Ohio, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período 1986 - 2001
2006
2011 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo, soul rock
Selo(s) discográfico(s) Sub Pop, Elektra, Columbia
Membros Greg Dulli
John Curley
Rick McCollum
Michael Horrigan
Antigos membros Steve Earle
Paul Buchignani

The Afghan Whigs foi unha banda de rock alternativo estadounidense formada no ano 1986 en Cincinnati, Ohio. Desfíxose no ano 2001, pero a finais do 2011 anunciouse que a banda se reuniría para realizar concertos. No momento de máxima popularidade do grupo, nese momento co núcleo formado por Greg Dulli (voces, guitarra), Rick McCollum (guitarra) e John Curley (baixo), converteuse nunha das principais bandas do rock alternativo dos 90, ascendendo durante o movemento grunge ero finalmente trascendendoo. Pasou dunha banda de garage punk ao estilo de Replacements, Dinosaur Jr. e Mudhoney a un cuarteto letrado de post-punk con influencias soul, e ultimamente onverteuse nun dos grupos alternativos de comezos dos 90 máis aclamados pola crítica, ademais de ser un dos pioneiros do indie underground estadounidense en explotar o apoio dos grandes selos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A lenda di que The Afghan Whigs naceu nunha celda en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli ten a idea de roubarlle a un policía e remata na comisaría. Na celda, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous manteñen surxíu a idea de formar unha banda, The Afghan Whigs, que só se concretou un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).

Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de Neil Young ("Like a Hurricane") e dos Rolling Stones ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, Big Top Halloween en 1988. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente The Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.

O álbum foi lanzado polo entón recén creado selo independente Ultra Suede, do propio batería da banda, Steve Earle. O disco foi máis tarde descrito por Greg Dulli como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.

Nesa época, The Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. Greg Dulli trasladouse aos Ánxeles, para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en Cincinnati.

En 1990, a banda recibiu unha chamada da influente discográfica Sub Pop, que lanzou máis tarde o álbum Up In It e aumentou a popularidade da banda no circuito underground. Pero en 1991, durante unha pequena xira por Inglaterra, Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña neumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento nos Ánxeles, onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.

Congregation, de 1992, tamén lanzado pola Sub Pop, amosaba á banda cun son máis depresivo, pesado, amosando nas letras o gusto de Greg Dulli pola desesperación e a traxedia, ao mesmo tempo que continuaban evidenciandose as influencias do soul. Afghan Wigs estaba inserido no escenario grunge da época, pero a banda tiña unha identidade propia que ía alén da mestura Black Sabbath/Led Zeppelin e punk rock.

Despois de Congregation, Greg Dulli volta para Cincinnati e Afghan Wigs finalmente pode ensaiar e compoñer como uma banda novamente, e o resultado diso foi Gentlemen o disco con mellor produción da banda. O disco foi o primeiro en ser lanzado por unha grande discográfica, xa que Afghan Wigs asinaran coa Elektra. O disco tivo unha excelente repercusión da crítica e os excelentes sinxelos "Debonair" e "Gentlemen" ata se fixeron un oco nas listas, pero a banda permaneceu restrinxida aos circuitos alternativos.

Despois dunha extensa xira, a banda tomouse un descanso para só retornar en 1996 cun disco novo. Nese medio tempo, Greg Dulli aproveitou para participar como vocalista na Backbeat Band, formada especialmente para facer a banda sonora da película sobre [[The Beatles "Backbeat". Na Backbeat Band, tocaron ao lado de Dulli Dave Grohl de Nirvana, Thurston Moore de Sonic Youth, Dave Pirner de Soul Asylum e Mike Mills de R.E.M.

Black Love, o novo disco de The Afghan Whigs lanzado en 1996 deixou un pouco de lado as guitarras pesadas para concentrarse nas influencias da black music dos anos 70, da era da Motown e afíns, pero mantendo a identidade da banda en cancións escuras e sombrías.

O disco tivo boa recepción da crítica, pero confundíu aos fans de rock alternativo e acabou vendendo menos que o seu antecesor. Despois dunha mudanza de discográfica, o disco 1965 foi lanzado dous anos despois, en 1998, pola Columbia Records.

O novo disco seguía a mesma liña do álbum anterior, desta vez cunha sonoridade mais "retro", como o propio nome podería suxerir. Despois da xira de divulgación do disco, Greg Dulli formou un proxecto paralelo, The Twilight Singers, con músicos convidados da cidade de New Orleáns, a meca do jazz e da música negra. The Twilight Singers lanzou o seu álbum de estrea en 2000. Nesa época, todos os integrantes de The Afghan Whigs vivían en diferentes cidades e as dificuldades en manter a banda unida foi o motivo do seu final, anunciado en febreiro de 2001.

O 7 de decembro de 2011, nunha nota de prensa dos promotores de All Tomorrow's Parties, anunciouse que The Afghan Whigs reuniríase e tocaría nos seus eventos I'll Be Your Mirror, o día 27 de maio do 2012 en Londres, ao que seguiría unha aparición no Asbury Park de New Jersey o 22 de setembro.

Greg Dulli hoxe en día tamén comanda a banda Twilight Singers, onde explora toda a súa gama de influencias nun contexto menos rock. Dulli montou tamén Gutter Twins, ao lado do amigo Mark Lanegan, de Screaming Trees e Queens of the Stone Age.

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]