Steve Earle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Steve Earle
Steve Earle 2.jpg
Nome completo Stephen Fain Earle
Naceu 17 de xaneiro de 1955 (59 anos)
Orixe Hampton, Virginia Flag of the United States.svg
Relacionado con Townes Van Zandt, Guy Clark, Del McCoury Band, Lucinda Williams
Web http://www.steveearle.com/

Steve Earle, nado como Stephen Fain Earle o 17 de xaneiro de 1955, é un cantautor, produtor, autor e actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Earle medrou preto de San Antonio, Texas, comezou a aprender a tocar a guitarra con 11 anos e iniciou a súa carreira como compositor en Nashville. Publicou o seu primeiro EP en 1982 e fíxose famoso co álbum Guitar Town, editado en 1986. Dende entón Earle lanzou 13 álbums de estudio e recibiu tres premios Grammy. Apareceu en películas e en televisión, escribiu unha novela, unha obra de teatro e un libro de relatos curtos.