Mudhoney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mudhoney
Mudhoney June 2007.jpg
Orixe Seattle, Washington, Estados UnidosFlag of the United States.svg
Período 1988 - actualidade
Xénero(s) grunge, rock alternativo, garage punk, punk blues
Selo(s) discográfico(s) Sub Pop, Reprise
Membros Mark Arm
Dan Peters
Steve Turner
Guy Maddison
Antigos membros Matt Lukin
Wayne Kramer
Steve Dukich

Mudhoney é unha banda pioneira do movemento grunge formada na cidade de Seattle despois da disolución de Green River, grupo no que estaban Stone Gossard e Jeff Ament (que formarían parte de Pearl Jam posteriormente) e Steve Turner e Mark Arm, os cales formaron Mudhoney xunto ao batería Dan Peters e ao baixista Matt Lukin no ano 1988.

Biografía[editar | editar a fonte]

Antes de Mudhoney[editar | editar a fonte]

A historia de Mudhoney comeza moito antes de que a banda fose creada. Foi a principios da década dos 80 cando Mark Arm formou a súa primeira banda, Mr. Epp and the Calculations. Era unha banda "pantasma" que non compoñía cancións nin tocaba instrumentos. Moitas veces facían carteis para concertos que non existían. Esa banda estaba formada por Mark, Joe Smitty, Tom Wolf e Darren Morey. Eles gravaron unha cinta demo que consistía basicamente na narración dunha historia con Tom e Joe tocando a guitarra e Mark na batería, e participaron nun programa de radio onde foron presentados como "Mr. Epp, a peor banda do mundo". A banda tamén chegou a tocar nun concerto de verdade, onde abriu para Malfunkshun (banda de Andrew Wood). Ao mesmo tempo, Mark tamén tocaba en The Limp Richards que tiña aínda menos material que Mr. Epp.

Mentras tanto, o guitarrista Steve Turner tocaba con Stone Gossard (posteriormente de Pearl Jam) na banda Ducky Boys. Cando esta banda se separou, Steve foi convidado por Alex Shumway para tocar en Spluii Numa, que tocaba un son pop/punk na tentativa de facerse popular, que era exactamente o oposto das pretensións do Mr. Epp. Despois Steve saíu da banda e foi finalmente convidado por Mark para tocar en Mr. Epp e en Limp Richards que separaríanse despois da entrada de Steve.

Green River[editar | editar a fonte]

Despois do fin desas bandas, Mark, Steve e Alex decidiron formar outra. O primeiro paso foi recrutar ao baixista Jeff Ament, que na época tocaba nunha banda chamada Deranged Diction. El nunca foi un grande fan de Mr. Epp pero xa traballara con Steve e convencérono para xuntarse ao novo grupo, Green River. Mark queria concentrarse nas voces, polo que deixou a guitarra, que foi asumida por Steve e Stone Gossard que tamén se uníu a eles. Fixeron varios concertos, incluíndo un como teloneiros de Dead Kennedys e ao pouco tempo Steve deixou a banda por diferencias entre el e Stone e Jeff. Foi substituido por Bruce Fairweather (que tocaba con Jeff en Deranged Diction).

Green River tivo relativo éxito, lanzando algúns álbums e facendo xiras por Estados Unidos. Pero, aínda así, a banda separouse, principalmente porque parte da banda quería asinar un contrato cunha grande discográfica mentres o resto quería continuar nunha independente. Steve, despois da súa saída de Green River, meteuse nunha banda chamada The Thrown Ups, e co o fin de Green River, Mark entrou nesa banda. Stone, Jeff e Bruce, xuntáronse ao vocalista Andrew Wood e formaron Lords of the Wasteland, máis tarde coñecida como Mother Love Bone.

Os outros futuros integrantes de Mudhoney tamén estaban envoltos en proxectos, Matt Lukin medrou nas proximidades de Seattle, era amigo de Kurt Cobain e tocaba cos Melvins. Dan tocaba en Bundle of Hiss e durante moi pouco tempo tocou cos Melvins antes de ser convidado por Mark para entrar en Mudhoney.

Sub Pop (1988–1991)[editar | editar a fonte]

O día 1 de xaneiro de 1988, Dan, Mark, Matt e Steve reuníronse para formar Mudhoney. Eles sacaron o nome da banda dunha película do cineasta Russ Meyer. A primera gravación foi co produtor Jack Endino e no mesmo ano sería lanzado o primeiro sinxelo pola Sub Pop, a canción era "Touch Me I'm Sick" que practicamente definíu o son de Seattle e hoxe é considerada a primeira canción grunge.

O seguinte lanzamento foi o EP Superfuzz Bigmuff, tamén pola Sub Pop. O álbum foi chamado así polo pedal de distorsión para guitarra favorito da banda. Eles lanzaron tamén un sinxelo dividido con Sonic Youth, que lles garantíu unha certa popularidade no underground. A banda saíu de xira ao lado de Sonic Youth e volveu ao estudio novamente con Jack Endino para gravar un novo álbum, o primeiro da banda, titulado Mudhoney. Ao mesmo tempo foi lanzado un novo sinxelo da canción "This Gift", aparte dunha versión de Mr. Epp, "Baby Help Me Forget" como cara-b.

Mudhoney tocou con bandas como Nirvana e Tad no festival Ultra Lame Fest da Sub Pop e saíu de xira por Australia. Cando volveron, Dan chegou a tocar con Nirvana nun único concerto. Kurt e Krist querían a Dan na banda, pero non querían que Mudhoney desaparecese, e entón acabaron optando por Dave Grohl. Dan tamén chegou a tocar en Screaming Trees por un curto período de tempo. Novamente reunido, Mudhoney comezou as gravacións do segundo álbum da banda, Every Good Boy Deserves Fudge no lendario estudio Egg, con Conrad Uno (proprietario da discográfica Popllama Records).

Reprise (1992–1999)[editar | editar a fonte]

En marzo de 1992, en medio do estoupido da escena de Seattle, Mudhoney tamén acabou optando por asinar un contrato cunha grande discográfica, e a escollida foi a Reprise Records. O álbum Piece of Cake foi lanzado e non foi ben recibido pola crítica, que considerou que o son máis suxo da banda perdérase cando eles asinaron coa Reprise. No fin do ano, a película Singles foi estreada, e contaba cunha banda sonora que incluía unha canción de Mudhoney, "Overblown". Coa película Mudhoney gañou algunha popularidade e saíu de xira, que chegou a ter a Nirvana como teloneiro nun concerto. Cando rematou a mesma, Mudhoney estava de novo no estudio, desta vez baixo produción de Kurt Block, da banda Fastbacks. O álbum foi titulado Five Dollar Bob's Mock Cooter Stew e foi un intento de recapturar a enerxía dos lanzamentos anteriores.

Xa en 1994 a banda novamente saíu de xira, desta vez de teloneiros de Pearl Jam. Nun dos concertos, Mark e Steve tocaron algunhas cancións con Pearl Jam e Alex chegou a participar reunindo a Green River. Despois desa xira volveron ao estudio para gravar My Brother the Cow co produtor Jack Endino. O álbum foi lanzado a finais do ano xunto cunha colección de videoclips titulada #1 Video in America This Week. Outra extensiva xira seguíu ao lanzamento do álbum, tocando nalgúns concertos máis con Pearl Jam e facendo concertos por toda norteamérica e Xapón. Tamén participaron na película Black Sheep, con Chris Farley e David Spade. Todos eses proxectos fixeron de 1995 un ano ocupadísimo para Mudhoney que, a petición de Steve, tomouse un descanso parando coas xiras e tocando apenas nalgúns concertos ocasionais en Seattle.

Steve envolveuse en proxectos paralelos como Monkeywrench (con Tom Price de Gas Huffer) e Fall Outs. Tamén creou unha discográfica independente chamada Super Electro, onde lanzou álbums para bandas como Flop. Dan estivo envolto como batería nalgunhas bandas da área de Seattle como Fastbacks, Mark Lanegan, The Deadcoats e J.D. Gilmore. Mark tocou con Steve en Monkeywrench e en Bloodloss.

Na segunda metade de 1998 a banda fixo algúns concertos, unha vez máis abrindo para Pearl Jam, e traballou na divulgación do álbum Tomorrow Hit Today. A banda realizou pequenas xira polos Estados Unidos e tamén por Xapón e Australia. O álbum recibíu excelentes críticas nos Estados Unidos, pero Mudhoney non conseguiu recuperar o prestixio de público e crítica do tempo da Sub Pop. Despois do final da xira, a banda decidíu tomarse un novo descanso. O contrato coa Reprise foi roto, e o baixista, Matt Lukin, decidíu deixar o grupo. Mudhoney pensou en rematar a súa carreira, pero animados por Matt continúaron adiante.

Volta á Sub Pop[editar | editar a fonte]

A banda ao vivo na sala Capitol de Santiago de Compostela en setembro do 2010

En xaneiro de 2000 a Sub Pop lanzou o recompilatorio March to Fuzz, un CD duplo coas principais cancións da banda e rarezas, en total 50 temas. Pouco despois a banda volvería a asinar coa Sub Pop.

No ano 2002 editaron un novo disco: Since We've Become Translucent, moi ben recibido polos fans e pola crítica. Incorporaron a Guy Maddison, ex-membro de Lubricated Goat, como novo baixista da banda. Despois diso a banda pasou algún tempo facendo concertos e participando de proxectos paralelos.

En 2006 sacaron o seu último traballo: Under a Billion Suns, un dos mais pesados da banda. Chaman a atención deste disco as letras de Mark Arm, que teñen por primeira vez unha certa temática social, criticando a política de George W. Bush.

En 2008 Mudhoney comezou a gravar o seu seguinte álbum co produtor Tucker Martine. O disco foi bautizado co nome The Lucky Ones e editouse no mes de maio. Pouco despois, Sub Pop lanzou unha edición deluxe remasterizada de Superfuzz Bigmuff, que contaba co EP orixinal xunto con sinxelos, demos e gravacións en directo de 1988.

O 27 de setembro do ano 2010 Mudhoney tocou na sala Capitol de Santiago de Compostela acompañado da banda Young Fresh Fellows, tamén de Seattle, dentro do ciclo Xacobeo Importa.

No ano 2011 Mudhoney foi teloneira de Pearl Jam na súa xira para celebrar o seu 20 aniversario. A banda tamén foi escollida por Mogwai para actuar no destival de All Tomorrow's Parties I'll Be Your Mirror no Alexandra Palace, Londres, en maio dese ano.

Membros[editar | editar a fonte]

Membros actuais[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]