Théodore Géricault
Jean-Louis André Théodore Gericault, coñecido como Théodore Géricault, nado en Rouen o 26 de setembro de 1791 e finado en París o 26 de xaneiro de 1824, foi un pintor francés do Romanticismo.
Índice |
Traxectoria [editar]
Géricault mudouse para París co seu pai, un coñecido xurista, despois da morte da súa nai, e aos 10 anos ingresou no Liceo Imperial. Terminados os estudos, tivo aulas co pintor Vernet e anos máis tarde xa traballaba no taller de Pierre-Narcise Guérin, xunto con Delacroix.
Nos seus primeiros lenzos, Géricault amosou unha grande admiración por David e polos cánones estéticos neoclásicos. Dedicouse a copiar Rubens, Velázquez e Caravaggio. O seu primeiro lenzo importante foi Oficial de Cazadores a Cabalo Durante a Carga, co cal gañou a medalla de ouro da Academia en 1812. Esta obra reflicte a influencia de Gros e o cromatismo impactante e vigoroso que se observa en Rubens.
Despois de facer o servizo militar como mosqueteiro imperial na armada real, Géricault viaxou a Italia, onde estudou profundamente as obras de Michelangelo e Rafael. Na volta, en 1817, o pintor iniciou aquela que sería a súa obra prima, A Barca da Medusa. Aínda que o tema do naufraxio sexa coherente coa desesperación romántica, o certo é que con este lenzo Géricault faise eco da crítica ao réxime, compadecéndose dos sobreviventes e dos mortos no naufraxio ocorrido por culpa do goberno. Sábese que a súa obsesión chegou a levalo a falar cos sobreviventes nos hospitais e inclusive a facer esbozos dos mortos no cemiterio.
A doenza, a loucura e o desespero pasaran entón a ser unha constante nos seus lenzos. O efecto do claro-escuro, que o pintor tanto admiraba en Caravaggio, inspirárano a crear ambientes patéticos e de intenso sufrimento. Anos despois, en Londres, Géricault retomou súa paixón polos cabalos, pintando o O Derby de Epson, que de certa forma anticipou a súa preocupación en captar o movemento. Tamén fixo lenzos de doentes mentais nun hospital. Logo dunha tentativa de suicidio, o pintor volveu a París, onde poucos meses despois, vítima dun accidente, acabou morrendo.
Obras [editar]
-
A balsa da Medusa, Museo do Louvre - París (Francia).
-
O derby de Epson, Museo do Louvre - París.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
- Arte
- Historia da Arte
- Historia da arte occidental
- Pintura
- Pintura do romanticismo
- Lista de pintores
- Conservación e Restauración de Pintura