Sebadoh
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sebadoh | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Westfield, Massachusetts, |
| Período | 1986 - actualidade |
| Xénero(s) | indie rock, lo-fi |
| Selo(s) discográfico(s) | Domino, Sub Pop, Homestead Records, City Slang Records, Siltbreeze, Vertical Records |
| Membros | Lou Barlow Jason Loewenstein Bob D'Amico |
| Antigos membros | Eric Gaffney Bob Fay Russell Pollard |
| Web oficial | http://www.sebadoh.com/ |
Sebadoh é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1986 en Westfield, Massachusetts por Eric Gaffney e o baixista de Dinosaur Jr Lou Barlow. Xunto con grupos como Pavement e Guided by Voices, Sebadoh foi un dos pioneiros da música lo-fi, un estilo de indie rock characterizado polas súas técnicas de gravación de baixa fidelidade, a miúdo con aparellos de catro pistas. Os primeiros traballos da banda, como Weed Forestin' (1990) e Sebadoh III (1991), son típicos deste estilo.
Discografía[editar]
- The Freed Man - 1989
- Weed Forestin' - 1990
- The Freed Weed - 1990
- Sebadoh III - 1991
- Smash Your Head on the Punk Rock - 1992
- Bubble and Scrape - 1993
- Bakesale - 1994
- Harmacy - 1996
- The Sebadoh - 1999