Modest Mouse
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Modest Mouse | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Issaquah, Washington, |
| Período | 1993 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, indie rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Epic, Up, K, Matador |
| Membros | Isaac Brock Eric Judy Jeremiah Green Joe Plummer Tom Peloso Jim Fairchild |
| Antigos membros | Robin Peringer John Wickhart Dann Gallucci Benjamin Weikel Johnny Marr |
| Web oficial | modestmousemusic.com |
Modest Mouse é unha banda estadounidense de indie rock, formada en 1993 en Issaquah, Washington polo vocalista e guitarrista Isaac Brock, o batería Jeremiah Green e o baixista Eric Judy. Na actualidade están baseados en Portland, Oregon. Dende o seu álbum de estrea en 1996, This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About, a súa formación centrouse en Brock, Green e Judy. O guitarrista Johnny Marr (antigamente en The Smiths) uníuse ao grupo en maio do 2006, xunto co percusionista Joe Plummer (antes en The Black Heart Procession) e o multi-instrumentista Tom Peloso, para traballar no álbum We Were Dead Before the Ship Even Sank. O guitarrista Jim Fairchild uniríase en febreiro do 2009.
Discografía [editar]
- This Is a Long Drive for Someone with Nothing to Think About - 1996 (Up Records)
- The Lonesome Crowded West - 1997 (Up Records)
- The Moon & Antarctica - 2000 (Epic Records)
- Good News for People Who Love Bad News - 2004 (Epic Records)
- We Were Dead Before the Ship Even Sank - 2007 (Epic Records)