Sleater-Kinney
| Sleater-Kinney | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Portland, Oregon, Estados Unidos |
| Período | 1995 - 2006 |
| Xénero(s) | riot grrrl, rock alternativo, indie rock, punk rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Chainsaw, Kill Rock Stars e Sub Pop |
| Membros | Corin Tucker Carrie Brownstein Janet Weiss Lora McFarlane Toni Gogin Misty Farrell |
| Antigos membros | |
| Web oficial | http://www.sleater-kinney.com/ |
Sleater-Kinney foi unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1995 en Olympia, Washington influenciada polo movemento riot grrrl dos anos 90. A banda trasladaríase posteriormente a Portland, Oregon. O nome do grupo deriva de Sleater-Kinney Road, unha rúa próxima a onde elas ensaiaban nos seus comezos en Lacey, Washington.
Foron un grupo destacable do movemento riot grrrl e indie rock do noroeste estadounidense, e foi coñecido polas súas ideas feminismo e de esquerdas. O 27 de xuño de 2006 a banda anunciou a través da súa páxina web a súa separación por tempo indefinido.
Índice |
Traxectoria [editar]
A banda emerxeu do movemento riot grrrl co seu primeiro álbum, Sleater-Kinney, editado por Chainsaw Records en 1995. Seguíronlle Call the Doctor (1996) e Dig Me Out (1997). En 1998 a banda gravou "Big Big Lights", o primeiro sinxelo compartido (con Cypher in the Snow) nunha serie de gravacións para unha asociación de mulleres tituladas Free to Fight, e editadas por Candy Ass Records. Os seus seguintes traballos achegaron á banda aos oíntes do mainstream, culminando en 2002 con One Beat. A banda, porén, permaneceu fiel ás súas raíces independentes e feministas. A maioría dos seus álbums dende Call the Doctor foron editados a través do selo independente Kill Rock Stars e o seu sétimo traballo, The Woods, foi editado pola Sub Pop.
A banda foi fundada por Corin Tucker e Carrie Brownstein. Janet Weiss (de Quasi) tocou a batería dende Dig Me Out. Os anteriores baterías foron Lora Macfarlane (que aparece en Sleater-Kinney e Call the Doctor), Misty Farrell e Toni Gogin.
Tanto Brownstein como Tucker tocan a guitarra. Aínda que Sleater-Kinney non ten baixo, Tucker toca unha guitarra barítona, a miúdo facendo o mesmo papel que un baixo, e Brownstein afina a súa guitarra un tono máis baixo. Corin Tucker foi integrante da influente banda de riot grrrl Heavens to Betsy. Carrie Brownstein estivo na banda de queercore Excuse 17. Á parte de tocar con Sleater-Kinney, Tucker tamén foi membro da banda Cadallaca con Sarah Dougher (membro de The Lookers).
En 2000, as tres membros de Sleater-Kinney colaboraron con Robert Forster e Grant McLennan na agora desaparecida banda indie The Go-Betweens, participando na gravación de álbum The Friends of Rachel Worth.
Sleater-Kinney foi teloneira de Pearl Jam en moitos dos seus concertos en norteamérica a principios do 2003. A experiencia de tocar en grandes escenarios é citada pola banda como parte da inspiración e motivación do seu último traballo, The Woods. O álbum foi editado no ano 2005, e representou un cambio do son respecto aos seus traballos anteriores. Nel a banda aposta por un son máis denso, pesado e distorsionado que toma como inspiración o rock clásico.
O 27 de xuño do 2006 a banda anunciou un hiato indefinido, dicindo que non tiñan plans para futuras xiras ou gravacións. O derradeiro gran concerto de Sleater-Kinney foi no festival de Lollapalooza dese ano, e a súa derradeira aparición foi no Crystal Ballroom en Portland, Oregon, o 12 de agosto.
Nunha entrevista o 17 de marzo do 2010, Carrie Brownstein dixo que Sleater-Kinney podería reunirse e editar un álbum nos seguintes cinco anos. Brownstein tamén anunciou que ela e Janet Weiss estaban formando unha nova banda.
Discografía [editar]
Álbums [editar]
- Sleater-Kinney - 1995 (Chainsaw Records)
- Call the Doctor - 1996 (Chainsaw Records)
- Dig Me Out - 1997 (Kill Rock Stars)
- The Hot Rock - 1999 (Kill Rock Stars)
- All Hands on the Bad One - 2000 (Kill Rock Stars)
- One Beat - 2002 (Kill Rock Stars)
- The Woods - 2005 (Sub Pop Records)
Sinxelos [editar]
- "You Ain't It/Surf Song" 1994 (Villa Villakula Records)
- "One More Hour" 1997 (Matador Records)
- "Little Babies" 1997 (Matador Records)
- "A Quarter To Three" 1997 (Matador Records)
- "Get Up" 1999 (Kill Rock Stars)
- "You're No Rock 'n' Roll Fun" 2000 (Kill Rock Stars)
- "Entertain" 2005 (Sub Pop Records)
- "Jumpers" 2005 (Sub Pop Records)