Bruce Pavitt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bruce Pavitt é o fundador do selo discográfico de Seattle Sub Pop, coñecido por ser unha figura clave na popularización do movemento grunge.

Pavitt comezou un fanzine titulado Subterranean Pop en Olympia en 1979 que trataba sobre bandas de rock independentes dos Estados Unidos. A través do fanzine foron editados tres cassettes recompilatorios. En 1986 Pavitt mudouse a Seattle e editou o primeiro LP da Sub Pop (o -terranean do nome fora quitado tempo atrás): o Sub Pop 100. O EP de Green River Dry As a Bone seguíuno en 1987.

Pavitt coñeceu a Jonathan Poneman en 1986, cando este convidouno a unha entrevista na emisora KCMU coa intención de promocionar o Sub Pop 100. En 1987 Kim Thayil, que coñecía a Poneman dende mediados dos 70 ao asistir ao mesmo instituto, de Soundgarden suxeriu que unisen as súas forzas, ePoneman incorporouse ao selo coma co-director. En agradecemento Sub Pop editou o EP de Soundgarden Screaming Life.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas