Afghan Whigs
| Afghan Whigs | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Cincinnati, Ohio, Estados Unidos |
| Período | 1986 - 2001 2006 2011 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo, soul rock |
| Selo(s) discográfico(s) | Sub Pop, Elektra, Columbia |
| Membros | Greg Dulli John Curley Rick McCollum Michael Horrigan |
| Antigos membros | Steve Earle Paul Buchignani |
| Web oficial | |
Afghan Whigs foi unha banda de rock alternativo estadounidense formada no ano 1986 en Cincinnati, Ohio. Desfíxose no ano 2001, pero a finais do 2011 anunciouse que a banda se reuniría para realizar concertos. No momento de máxima popularidade do grupo, nese momento co núcleo formado por Greg Dulli (voces, guitarra), Rick McCollum (guitarra) e John Curley (baixo), converteuse nunha das principais bandas do rock alternativo dos 90, ascendendo durante o movemento grunge ero finalmente trascendendoo. Pasou dunha banda de garage punk ao estilo de Replacements, Dinosaur Jr. e Mudhoney a un cuarteto letrado de post-punk con influencias soul, e ultimamente onverteuse nun dos grupos alternativos de comezos dos 90 máis aclamados pola crítica, ademais de ser un dos pioneiros do indie underground estadounidense en explotar o apoio dos grandes selos.
Índice |
Traxectoria [editar]
A lenda di que Afghan Whigs naceu nunha celda en Athens, Ohio. Nunha festa de Halloween en Cincinnati, Greg Dulli ten a idea de roubarlle a un policía e remata na comisaría. Na celda, el coñeceu a Rick McCollum. Da conversa que os dous manteñen surxíu a idea de formar unha banda, Afghan Whigs, que só se concretou un ano máis tarde, con Steve Earle na batería e John Curley no baixo (Dulli era o vocalista e guitarrista mentres McCollum tamén tocaba a guitarra).
Pisaron un escenario por primeira vez pouco tempo despois e tocaron versións de Neil Young ("Like a Hurricane") e dos Rolling Stones ("Cocksucker Blues"), e lanzaron un disco, cuxo título era unha referencia á noite da creación da banda, Big Top Halloween en 1988. O nome do grupo tamén ten unha certa lenda, pois parece ser que ao chegar o seu primeiro concerto aínda non tiñan nome, e pouco antes de saír a escena, o dono do local preguntoulles como os anunciaba. O guitarrista, que acabara de chegar e ó parecer levaba encima un "tripi", dixo simplemente Afghan Whigs, e os demais asintiron, sen saber que significado podía ter aquela palabrexa.
O álbum foi lanzado polo entón recén creado selo independente Ultra Suede, do propio batería da banda, Steve Earle. O disco foi máis tarde descrito por Greg Dulli como "descartable" debido ao confuso inicio da banda.
Nesa época, Afghan Whigs era unha típica banda de estrada, tocando en todas parte e definindi o seu propio estilo, un hard rock barullento e distorsionado, directamente influenciado polo son dos anos 70 e toques da música soul. Greg Dulli trasladouse a Os Ánxeles, para estudar cine, mentres o resto da banda continuaba vivindo en Cincinnati.
En 1990, a banda recibíu unha chamada da influente discográfica Sub Pop, que lanzou máis tarde o álbum Up In It e aumentou a popularidade da banda no circuito underground. Pero en 1991, durante unha pequena xira por Inglaterra, Dulli colleu unha gripe e a serie de concertos impedían que mellorarse. Para empeorar a situación, a banda envolveuse nunha pelexa nun deses concertos e Dulli acabou sendo internado. Aparte dos golpes producidos pola pelexa soubose que tiña neumonía. Despois dese feito Dulli estivo medio paranoico, pechouse no seu apartamento nos Ánxeles, onde escribíu historias, o guión dunha película, e as súas mellores cancións ata entón para un novo álbum.
Congregation, de 1992, tamén lanzado pola Sub Pop, amosaba á banda cun son máis depresivo, pesado, amosando nas letras o gusto de Greg Dulli pola desesperación e a traxedia, ao mesmo tempo que continuaban evidenciandose as influencias do soul. Afghan Wigs estaba inserido no escenario grunge da época, pero a banda tiña unha identidade propia que ía alén da mestura Black Sabbath/Led Zeppelin e punk rock.
Despois de Congregation, Greg Dulli volta para Cincinnati e Afghan Wigs finalmente pode ensaiar e compoñer como uma banda novamente, e o resultado diso foi Gentlemen o disco con mellor produción da banda. O disco foi o primeiro en ser lanzado por unha grande discográfica, xa que Afghan Wigs asinaran coa Elektra. O disco tivo unha excelente repercusión da crítica e os excelentes sinxelos "Debonair" e "Gentlemen" ata se fixeron un oco nas listas, pero a banda permaneceu restrinxida aos circuitos alternativos.
Despois dunha extensa xira, a banda tomouse un descanso para só retornar en 1996 cun disco novo. Nese medio tempo, Greg Dulli aproveitou para participar como vocalista na Backbeat Band, formada especialmente para facer a banda sonora da película sobre [[The Beatles "Backbeat". Na Backbeat Band, tocaron ao lado de Dulli Dave Grohl de Nirvana, Thurston Moore de Sonic Youth, Dave Pirner de Soul Asylum e Mike Mills de R.E.M.
Black Love, o novo disco de Afghan Whigs lanzado en 1996 deixou un pouco de lado as guitarras pesadas para concentrarse nas influencias da black music dos anos 70, da era da Motown e afíns, pero mantendo a identidade da banda en cancións escuras e sombrías.
O disco tivo boa recepción da crítica, pero confundíu aos fans de rock alternativo e acabou vendendo menos que o seu antecesor. Despois dunha mudanza de discográfica, o disco 1965 foi lanzado dous anos despois, en 1998, pola Columbia Records.
O novo disco seguía a mesma liña do álbum anterior, desta vez cunha sonoridade mais "retro", como o propio nome podería suxerir. Despois da xira de divulgación do disco, Greg Dulli formou un proxecto paralelo, The Twilight Singers, con músicos convidados da cidade de New Orleáns, a meca do jazz e da música negra. The Twilight Singers lanzou o seu álbum de estrea en 2000. Nesa época, todos os integrantes de Afghan Whigs vivían en diferentes cidades e as dificuldades en manter a banda unida foi o motivo do seu final, anunciado en febreiro de 2001.
O 7 de decembro de 2011, nunha nota de prensa dos promotores de All Tomorrow's Parties, anunciouse que The Afghan Whigs reuniríase e tocaría nos seus eventos I'll Be Your Mirror, o día 27 de maio do 2012 en Londres, ao que seguiría unha aparición no Asbury Park de New Jersey o 22 de setembro.
Greg Dulli hoxe en día tamén comanda a banda Twilight Singers, onde explora toda a súa gama de influencias nun contexto menos rock. Dulli montou tamén Gutter Twins, ao lado do amigo Mark Lanegan, de Screaming Trees e Queens of the Stone Age.
Membros [editar]
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Big Top Halloween - 1988 (Up In It)
- Up In It - 1990 (Sub Pop)
- Congregation - 1991 (Sub Pop)
- Gentlemen - 1993 (Elektra)
- Black Love - 1996 (Elektra)
- 1965 - 1998 (Columbia)
EPs [editar]
- Uptown Avondale - 1992 (Sub Pop)
- What Jail Is Like - 1994 (Elektra)
- The B-Sides/The Conversation - 1994 (Elektra)
- Bonnie & Clyde - 1996 (Elektra)
- Live At Howlin’ Wolf - 1998 (Columbia)
|
|||||||||||