Comets on Fire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comets on Fire
Comets On Fire 002.jpg
Orixe Santa Cruz (Ca), Flag of the United States.svg
Período 1999 - 2008
Xénero(s) noise rock, blues punk, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) Alternative Tentacles, Sub Pop
Membros Ethan Miller
Ben Flashman
Ben Chasny
Utrillo Kushner
Noel von Harmonson

Comets on Fire é unha banda estadounidense de noise rock procedente de Santa Cruz (California). Formárona no ano 1999 o guitarrista e vocalista Ethan Miller e o baixista Ben Flashman, que estaban buscando crear unha música rítmica e sonicamente intensa sen prestar atención ás categorizacións.

Historia[editar | editar a fonte]

A banda comezou en 1999 e editou o seu álbum de estrea, Comets on Fire, en 2001 a través do selo Alternative Tentacles. Este álbum amosaba a influencia de grupos como Butthole Surfers, Hawkwind e MC5. O seu seguinte traballo, Field Recordings from the Sun, publicouse a través de en 2002 e contaba co novo batería Utrillo Kushner.

Antes do seguinte traballo a banda incluíu a Ben Chasny, de Six Organs of Admittance, á súa formación no ano 2003. Anteriormente xa gravara e actuara con eles. Con esta formación conseguiron un contrato con Sub Pop Records e editaron o aclamado Blue Cathedral. O disco fixo que máis público se fixase na banda e permitíulles actuar de teloneiros de grupos como Sonic Youth, Dinosaur Jr. e Mudhoney. No ano 2006 editaron o seu cuarto álbum, Avatar que amosaba á banda alonxándose so seu son noise psicodélico para facer un son máis tenue ás veces próximo ao rock clásico.

Destacan polo seu forte uso do Echoplex (un efecto tape delay), usado principalmente nas voces, pero tamén noutros instrumentos.

A banda está en hiato dende unha pequena xira europea que realizaron no 2008. No múmero de febreiro/marzo do 2011 da revista Rock-A-Rolla, Ben Chasny dixo que non existían plans na actualidade de reactivar a banda.

Discografía[editar | editar a fonte]