NOFX
| NOFX | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Los Angeles, California, |
| Período | 1983 - actualidade |
| Xénero(s) | punk rock, skate punk, ska punk, hardcore melódico, hardcore punk |
| Selo(s) discográfico(s) | Mystic, Epitaph, Fat Wreck Chords |
| Membros | Fat Mike El Hefe Eric Melvin Erik Sandin |
| Antigos membros | Scott Sellers Scott Aldahl Dave Allen Dave Casillas Steve Kidwiller |
| Web oficial | nofxofficialwebsite |
NOFX é unha banda estadounidense de punk rock procedente de Los Angeles, California (posteriormente mudouse a San Francisco). A banda formárona en 1983 o vocalista/baixista Fat Mike e o guitarrista Eric Melvin. O batería Erik Sandin uniríase a NOFX pouco despois. En 1991 El Hefe entraría no grupo para tocar a guitarra solista e a trompeta. A banda fíxose famosa co seu álbum Punk in Drublic (1994), que sería certificado ouro, e é na actualidade considerado un álbum clásico de punk para os seareiros e críticos. O éxito de NOFX entre o gran público levou a un crecente interese polo punk rock durante os anos 90, grazas tamén a bandas californianas como Pennywise, Rancid, Bad Religion, Green Day, The Offspring e Sublime. A diferencia dalgúns destes grupos, porén, NOFX nunca asinaría cun gran selo discográfico.
NOFX leva editados once álbums de estudio, quince EPs e un feixe de sinxelos. A banda vendeu ao redor dos 6 millóns de discos en todo o mundo, sendo un dos grupos independentes máis exitosos de todos os tempos. A banda tamén ten o seu propio programa na canle Fuse TV, titulado NOFX: Backstage Passport.
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Liberal Animation - 1988 (Wassail, Epitaph)
- S&M Airlines - 1989 (Epitaph)
- Ribbed - 1991 (Epitaph)
- White Trash, Two Heebs and a Bean - 1992 (Epitaph)
- Punk in Drublic - 1994 (Epitaph)
- Heavy Petting Zoo - 1996 (Epitaph)
- So Long and Thanks for All the Shoes - 1997 (Epitaph)
- Pump Up the Valuum - 2000 (Epitaph)
- The War on Errorism - 2003 (Fat Wreck Chords)
- Wolves in Wolves' Clothing - 2006 (Fat Wreck Chords)
- Coaster - 2009 (Fat Wreck Chords)
- Self Entitled - 2012 (Fat Wreck Chords)