Corin Tucker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corin Tucker
Nome completoCorin Lisa Tucker
Data nacemento9 de novembro de 1972 (51 anos)
Nado enEugene, Oregón
CónxuxeLance Bangs
Ocupaciónguitarrista e cantante
Instrumento(s)voz, guitarra
Relacionado conHeartless Martin, Heavens to Betsy, Sleater-Kinney, Cadallaca, The Corin Tucker Band, Eddie Vedder, The Filthy Friends Peter Buck
Na rede
IMDB: nm1324493 Musicbrainz: d6c18346-88d4-4dd9-bf93-91cd06555a5f Songkick: 3396246 Discogs: 350407 Allmusic: mn0000778327 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Corin Lisa Tucker, nada o 9 de novembro de 1972, é unha vocalista e guitarrista estadounidense coñecida polo seu traballo coa banda de punk rock Sleater-Kinney.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tucker naceu en Eugene, Oregón e medrou en Grand Forks, Dacota do Norte. O seu pai era cantante de folk.[1][2][3] A principios dos 90 Tucker estivo en The Evergreen State College en Olympia, Washington, onde estudou cine, economía política e cambio social. Aínda que Sleater-Kinney formouse en Olympia e posteriormente trasladouse a Portland, Oregón, Tucker segue a describirse a si mesma como "unha rapaza dunha pequena cidade" de Eugene, Oregón. Antes de formar Sleater-Kinney, Tucker tocou en Heartless Martin con Becca Albee de Excuse 17. Heartless Martin publicaría un EP, titulado Tonight.

Heavens to Betsy[editar | editar a fonte]

Tucker foi membro fundadora de Heavens to Betsy, unha influente banda de riot grrrl formada en 1991 que gravou un sinxelo compartido con Bratmobile, e varios sinxelos para selos discográficos independentes. A banda tocou frecuentemente con Excuse 17, e os dous grupos apareceron no disco recompilatorio Free to Fight. Heavens to Betsy publicaría un único álbum, Calculated, editado no ano 1993.

Sleater-Kinney[editar | editar a fonte]

Despois da separación de Heavens to Betsy, Tucker formou Sleater-Kinney coa membro de Excuse 17 Carrie Brownstein e a súa amiga Lora McFarlane. Tucker editou sete álbums con Sleater-Kinney durante un período de 11 anos antes de entrar en hiato en 2006. A banda volvería á actividade editando un novo álbum en xaneiro de 2015.

Cadallaca[editar | editar a fonte]

Durante o seu tempo con Sleater-Kinney Tucker traballou tamén nun proxecto paralelo, Cadallaca, xunto con Sarah Dougher e sts de The Lookers. En 1998, Cadallaca publicou o seu álbum Introducing Cadallaca, e no ano 2000 editou o EP Out West a travé do selo Kill Rock Stars.

The Corin Tucker Band[editar | editar a fonte]

En abril de 2010 Tucker anunciou que estaba gravando un disco en solitario para Kill Rock Stars que sería editado no mes de outubro dese ano. No álbum traballaron ao lado de Tucker Sara Lund de Unwound e Seth Lorinczi de Golden Bears e Circus Lupus. O disco, titulado 1,000 Years, recibiu en xeral críticas positivas.[4] O segundo traballo da banda, Kill My Blues, foi editado no mes de setembro de 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "5-10-15-20: Corin Tucker". Consultado o 26 de marzo de 2017. 
  2. Pitchfork (ed.). "Corin Tucker". Consultado o 26 de marzo de 2017. 
  3. Sleater-Kinney (ed.). "Facts". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2017. 
  4. Metacritic (ed.). "1,000 Years en Metacritic". Consultado o 26 de marzo de 2017.