Merge Records
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Merge Records | |
|---|---|
| Compañía nai | |
| Fundado en | 1989 |
| Fundador | Laura Ballance, Mac McCaughan |
| Estado | activa |
| Distribuidoras | ADA |
| Xénero(s) | indie rock |
| País de orixe | Estados Unidos |
| Localización | Durham, North Carolina |
| Web oficial | http://www.mergerecords.com/ |
Merge Records é un selo discográfico independente con sede nos Estados Unidos. Fundado por Mac McCaughan e Laura Ballance en 1989 como fórmula para lanzar as gravacións da súa banda de rock Superchunk e de bandas de amigos. O primeiro álbum da gravadora en entrar no Billboard 200 foi Funeral, do Arcade Fire.