Transcrición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A transcrición é a acción e resultado de plasmar nalgún sistema de escrita o expresado doutro xeito, tanto oralmente coma noutro sistema de escrita no orixinal. A transcrición esixe a existencia dun sistema de escrita, pero non implica necesariamente que deba ser de ningún xeito determinado (alfabeto, silabario, rasgal, pictográfico ou outros). Normalmente, o termo úsase para o primeiro dos casos descritos, mentres que para o segundo se utiliza a denominación de transliteración.

Transcrición fonética[editar | editar a fonte]

A fonética céntrase no estudo de tódolos sons que o ser humano é capaz de producir para comunicarse. Para iso debería contar cun sistema de rexistro da voz exacto: dado que nos inicios desta disciplina lingüística non existían gravadoras, ideouse un sistema de transcrición que busca ser quen de recoller inequivocamente o que se pronuncia. Un destes sistemas de transcrición fonética, o máis utilizado internacionalemnte é o alfabeto da Asociación Fonética Internacional ou AFI (en inglés International Phonetic Association, abreviada IPA), que utiliza símbolos para reflectir os sons producidos. Moitos destes símbolos proceden do alfabeto latino, pero para distinguilos dos grafemas deben ir sempre pechados por parénteses rectas (tamén chamadas corchetes). O sistema clasifica os sons segundo un patrón de fonética acústica. Ademais, utiliza certos signos diacríticos que permiten matizar moito máis o limitado número de símbolos. Outros símbolos auxiliares poden marcar trazos coma o ton, o acento de intensidade, a entoación ou certas características menos estendidas (retroflexión, chasquidos ou clics, obstrucións ou stops, etc.).

Outro sistema, xa en desuso, é o alfabeto da Revista de Filoloxía Española ou RFE.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]