Selección de rugby de Arxentina
| Arxentina | |||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|||||||||||||||||||||||||||
| Unión | Unión Argentina de Rugby | ||||||||||||||||||||||||||
| Fundación: | 1899 | ||||||||||||||||||||||||||
| Emblema: | O Xaguar | ||||||||||||||||||||||||||
| Alcume: | Los Pumas | ||||||||||||||||||||||||||
| Estadio: | Estadio José Amalfitani, Bos Aires (49.540) | ||||||||||||||||||||||||||
| Adestrador: | Santiago Phelan e Fabián Turnes | ||||||||||||||||||||||||||
| Capitán: | Juan Martín Fernández Lobbe | ||||||||||||||||||||||||||
| Estrea internacional Arxentina 12 de xuño de 1910 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior vitoria Paraguai 1 de maio de 2002 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Maior derrota Nova Celandia 21 de xuño de 1997 |
|||||||||||||||||||||||||||
| Copa do Mundo de Rugby | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 6 (primeira en 1987) | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 3 (2007) | ||||||||||||||||||||||||||
| PARA Pan American Championship | |||||||||||||||||||||||||||
| Participacións | 5 | ||||||||||||||||||||||||||
| Mellor resultado | 1 (5 veces) | ||||||||||||||||||||||||||
A Selección de rugby de Arxentina, máis coñecida como Los Pumas, é a selección nacional de rugby de Arxentina. Actualmente, a pesar de que a Unión Arxentina de Rugby non posúe unha liga profesional, situación que cambiará no 2009, ocupa o quinto posto no ranking mundial da IRB[1]. Actualmente, segundo esa clasificación, é a mellor selección de rugby en todo o continente americano, gañando ate o momento en tódalas cinco edición disputadas do Campionato Panamericano de rugby e a integridade dos vinte e oito Campionatos Suramericanos que xogou excepto un en 1981, gañado por Uruguai.
Os Pumas disputaron até o mes de outubro de 2007 a suma de 279 partidos, dos cales gañaron 167, perderon 106 e empataron 6, o que arroxa un 59.86% de eficacia. Arxentina ostenta dúas marcas mundiais: son o equipo coa maior serie de vitorias consecutivas (20 entre 1960 e 1974) e posúen a maior marxe de puntos fronte a un rival (152 a 0 fronte a Paraguai o 1 de maio de 2002). Fronte ás nacións consideradas potencias deste deporte, Arxentina bateu a todas polo menos unha vez, coa excepción de Sudáfrica e Nova Celandia. O seu mellor resultado contra os All Blacks foi un empate obtido en 1985 en Bos Aires, no estadio de Ferro Carril Oeste.
Notas[editar]
- ↑ IRB Ranking, consultado a 5 de abril de 2009 (en inglés)