Saturno (deus)

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaSaturno

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Saturnus Editar o valor em Wikidata
Celebraciónrelixión na Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOps (mitologia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosXano, Faustus (en) Traducir, Felix (en) Traducir, Ceres, Xuno, Vesta, Hymnus (en) Traducir, Neptuno, Veritas (pt) Traducir, Xúpiter, Plutón, Glauca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCaelus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Telo (pt) Traducir e Hécate Editar o valor em Wikidata
IrmánsOps (mitologia) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Saturno.

Saturno era un deus da mitoloxía romana, de orixe etrusca. É o deus que personifica o paso do tempo. Corresponde ó Cronos da mitoloxía grega.

Historia[editar | editar a fonte]

Saturno reinaba sobre os ceos e a terra, controlando o paso do tempo antes de que o seu fillo Xúpiter o destronase. Foi implacable e cruel cos seus fillos, que devorou un a un, para evitar que a predición que dicía que sería destronado por un dos seus descendentes, se cumprise. Porén, a súa esposa, Cibeles, e a súa nai impediron que Xúpiter correse a mesma sorte que o resto dos seus irmáns e irmás, dándolle a comer unha rocha no lugar do seu fillo.

Máis tarde, este derrocará o seu pai, obrigándoo a regurxitar a tódolos seus irmáns e irmás. Tras ser expulsado dos ceos, Saturno instálase no Lacio, reinando na futura Roma, polo que é considerado o antepasado dos monarcas do Lacio e rei dos primitivos ítalos. É nesta época que ensina a arte da agricultura ós homes, polo que pasará tamén a ser o deus da agricultura. O reinado na Terra deste deus é coñecido tamén como a Idade de Ouro.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Os atributos que simbolizan a Saturno son a fouce (ás veces representada por unha gadaña, coas implicacións que isto leva consigo) e o reloxo de area.

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

Saturno é fillo da Terra e Urano, o ceo. Casado con Cibeles, os seus fillos son: Ceres, Xuno, Vesta, Neptuno, Plutón e Xúpiter.