Neptuno (deus)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neptuno con tridente.

Neptuno, en grego coñéceselle como Poseidón, fillo de Crono e Rea. Deus do mar, dos ríos, dos lagos, das fontes e das illas que o rodean. O seu poder chegaba a todos os confíns da terra.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Os seus símbolos eran o tridente e o cabalo, nun principio, o tridente era a imaxe dos dentes e dos monstros mariños, é tamén unha das armas máis antigas de pesca.

No cristianismo é o símbolo de Cristo pescador de homes; as puntas simbolizan o poder de Deus sobre o pasado, o presente e o futuro. O cabalo é o animal que simboliza os dous polos do cosmos, arriba e abaixo, e tamén a forza de Deus sobre os humanos.

Amores e fillos[editar | editar a fonte]

Mosaico romano de Neptuno e Anfitrite, Herculano.

Na busca de muller fixouse en Anfitrite, fermosa ninfa filla de Océano, pero esta negouse a casar con alguén de quen non estaba namorada, aínda que Neptuno sempre se mostraba afable e correcto. Por outra banda, a tristeza de Neptuno foi resolta por un xovial golfiño que convenceu a Anfitrite da gloria e riquezas que obtería se casaba co deus do mar, e esta, finalmente, aceptou.

A súa esposa moi cedo deulle un fillo, Titrón. Tamén foron descendentes seus o xigante Orión e Polifemo, que naceron das súas aventuras con ninfas de fontes e mananciais. Ademais, a súa relación coa gorgona Medusa, débese á aparición de Pegaso, o famoso cabalo alado.

Mitos relacionados[editar | editar a fonte]

Neptuno, sendo novo, intentou conspirar contra Zeus, polo que este expulsouno do Olimpo e converteuno nun simple mortal. Nesta época traballou para levantar enormes diques que contiveran as ondas que cegaban ata Troia ás ordes de Laomedonte. Pouco tempo despois, reconciliouse con Zeus e traballou incansablemente pola ordenación do mundo submarino que lle foi confiado. Neptuno desempeña un papel importante en moitos mitos, como cando disputou con Atenea o padroado de Atenas.

Tamén axudou, xunto con Apolo, a construír a muralla da cidade de Troia en defensa do rei Laomedonte. Pero negouse a pagarlles o salario convido e Neptuno enviou un terrible monstro mariño que devastou a cidade, estendendo o seu odio ata a guerra de Troia, cando tomou partido polos gregos.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neptuno Modificar a ligazón no Wikidata