Saraievo - Sarajevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Saraievo")

Coordenadas: 43°52′N 18°25′E / 43.867°N 18.417°E / 43.867; 18.417

Saraievo - Sarajevo
Coat of arms of Sarajevo.svg Flag of Sarajevo.svg
Sarajevo.jpg
Situación xeográfica
Bk-map.png
Estado: Bosnia e Hercegovina Bosnia - Hercegovina
Rexión:
Subrexión:
Cantón: Cantón de Saraievo
Xeografía
Altitude: 500 msnm
Superficie: 141,5 km²
Poboación
Poboación total: 305.242 hab. (2009)
Densidade de poboación: 2.157,2 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Alija Behmen (SDP)
Sitio na web: http://www.sarajevo.ba/

Saraievo (Sarajevo en bosnio e croata, Сарајево en serbio) é a capital e principal cidade de Bosnia - Hercegovina. Ten unha poboación estimada de 290.000 persoas (401.687 coa área metropolitana) o 77,4 % bosniacos, o 12 % serbios e o 7,5 % croatas

Historia [editar]

Saraievo fundárona os otománs en 1461 como capital de Bosnia e no século XVI construíuse a maior parte do que hoxe a cidade vella. En 1697 nunha incursión do príncipe Eugène de Savoia a cidade foi destruída e tivo que ser reconstruída máis tarde. En 1878 pasou ao Imperio Austrohúngaro.

O 28 de xuño de 1914 o arquiduque Francisco Fernando de Austria e a súa muller foron asasinados mentres visitaban a cidade, o que constituíu a orixe inmediata da Primeira Guerra Mundial, logo da guerra Saraievo integrouse en Iugoslavia como capital de Drinska banovina. Trala Segunda Guerra Mundial, Saraievo converteuse nun importante centro industrial. En 1984 foi a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno.

Logo da descomposición de Iugoslavia, Saraievo foi cercada polas forzas serbiobosníacas o 6 de abril de 1992, o que provocou o inicio da guerra de Bosnia e a destrución de gran parte da cidade e dramáticos cambios na composición étnica. En outubro de 1995 rematou a guerra cos acordos de Dayton e comezou a reconstrución da cidade.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]