Roberto Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Varela no CulturGal 2010

Roberto Varela Fariña, nado en Meaño en 1959, é un diplomático e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona e en Relacións Internacionais polo ILERI parisina. Fai funcións de diplomático desde 1989, ingresando no Ministerio de Asuntos Exteriores de España como xefe de Área de Relacións Económicas con Iberoamérica. Así mesmo, traballou nas embaixadas españolas en Bonn (Alemaña), e Kuwait. Máis tarde, a partir de 2004, desenvolveu as funcións de cónsul de España na cidade norteamericana de Nova York, encargándose de asuntos culturais.

En abril de 2009 foi nomeado conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galiza que preside Alberte Núñez Feijóo, se ben non estaba afiliado ao Partido Popular. En xaneiro de 2012 cesou como conselleiro. A comezos de marzo de 2012 foi nomeado embaixador de España en Uruguai.

Controversias[editar | editar a fonte]

En 2010, na Fitur de Madrid, referiuse ao concello de Sobrado dos Monxes como "Desván de los Monjes"[1][2], creando unha polémica e chimpando por riba da oficialidade única dos topónimos galegos. Perante as queixas e recriminacións da oposicións, Varela dixo que era unha farsa e chamou "estúpidos" a quen cresen nese episodio[3]. Así mesmo, poucas semanas antes deste episodio, xa irara o conxunto da industria cultural galega ao se referir á cultura galega como "unha cultura acomplexada e ensimesmada"[4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ánxela Bugallo
Escudo de Galicia.svg
conselleiro de Cultura e Turismo

2009–2012
Sucesor:
Xesús Vázquez Abad

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vídeo en Youtube (consultado o 8 de marzo de 2010)
  2. "Desván de los Monjes", artigo de Iván Puentes en www.anosaterra.org, 29 de xaneiro de 2010 (consultado o 8 de marzo de 2010)
  3. "Eu non dimito. Só os estúpidos cren que dixen Desván de los Monjes", artigo en El Correo Gallego, 25 de febreiro de 2010 (consultado o 8 de marzo de 2010)
  4. "O conselleiro ve acomplexada e ensimesmada a cultura galega, artigo en www.galicia-hoxe.com (consultado o 8 de marzo de 2010)