Robert Ingersoll Aitken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRobert Ingersoll Aitken

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1878 Editar o valor em Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónSan Francisco Art Institute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscultura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo París (1904–1907)
Nova York
San Francisco Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1900 Editar o valor em Wikidata - 1949 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte figurativa e military art (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
1928Xogos Olímpicos de 1928
17 de febreiro de 1913Show de Arsenal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Robert Ingersoll Aitken, nado en San Francisco, California, o 8 de maio de 1878 e finado en Nova York o 3 de xaneiro de 1949, foi un escultor, medallista e deseñador de moedas estadounidense.

Algunhas das súas obras máis senlleiras son o frontón oeste do edificio do Tribunal Supremo dos Estados Unidos e as medallas e moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico de San Francisco, en 1915.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Robert I. Aitken naceu en San Francisco en 1878,[1] fillo de Katherine Sophie Higgens e de Charles Hamilton Aitken.[2][3][4]

Cursou a súa educación secundaria na Lick High School de San Francisco, onde os seus profesores se decataron axiña dos seus dotes artísticos. Aínda na súa cidade natal, comezou a súa formación artística no Mark Hopkins Institute of Art —posteriormente reconvertido en Instituto de Arte de San Francisco—,[5] onde tivo como mestres a Douglas Tilden e a Arthur F. Mathews, entre outros.[1][6][7] Logo dun ano nesa Escola de Arte, con só 18 anos, Aitken estableceu o seu propio estudio en 1896, ano no que tamén fixo a súa primeira exposición, no Bohemians Club.[7][8]

En 1895 realizou a súa primeira viaxe a París para perfeccionar as técnicas escultóricas. Alí visitou museos e galerías, e traballou tamén nun estudio.[8]

Escultor profesional e profesor[editar | editar a fonte]

Ao seu regreso a San Francisco, Aitken organizou unha exposición no Bohemians Club, do que era membro,[9] e outra en Nova York, e abriu un novo estudio no que deu inicio a unha prolífica traxectoria como artista profesional, con obras como The Gate of Silence, Art Lured to Bohemia, Life's Flowing Bowl, Ambition ou Kismet, entre outras moitas.[10]

En 1900 do deseño da bandeira municipal orixinal de San Francisco, que estivo en uso desde ese ano ata principios da década de 1920.[11]

Ademais, cando en 1901 Douglas Tilden dimitiu como xefe do Departamento de Escultura do Mark Hopkins Institute of Art para se dedicar integramente á súa actividade creativa, Robert Aitken ofreceuse para o substituír no posto, o cal desempeñou entre ese ano e 1904.[12] Anos despois tamén impartiu docencia na Art Students League.[1][6][7]

En 1904 iniciou unha segunda estadía en París, de tres anos de duración,[1][7] onde se dedicou á modelaxe de varios retratos en relevo de pintores paisaxistas, que máis tarde serían expostos en San Francisco no Bohemian Club.[12] En 1907, expuxo no Salón de París a súa figura heroica "O Atleta". [13]

Logo dos tres anos en París regresou a Nova York. O seu estudio alí converteuse nun centro moi activo da vida artística da cidade,[13] e a súa figura como escultor comezou a ter recoñecemento internacional.[14] Aitken recibiu a encarga de facer unha escultura de retrato do presidente William Howard Taft, para o que viaxou a Washington; este retrato foi presentado na exposición de inverno da Academia Nacional de Deseño de Nova York en 1910, e posteriormente na Exposición Internacional de Roma de 1911.[15]

En 1908 foi galardoado co primeiro premio Helen Foster Barnett, da National Academy of Design, por unha composición de figuras titulada "A Chama". A mesma academia elixiuno en 1909 membro asociado, e en 1914 membro de pleno dereito.[16]

No transcurso da primeira guerra mundial, en 1916 Aitken foi capitán do Exército dos Estados Unidos,[1] no campo de adestramento de primeiros oficiais en Plattsburg, Nova York, e foi enviado a Francia, experiencia que lle serviu para crear unha serie de esculturas titulada "Camaradas de Armas".[17]

Os arquivos de Robert I. Aitken están conservados nos Archives of American Art, do Instituto Smithsoniano.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Aitken casou o 27 de novembro de 1907 con Laure Louise Ligny (1886-1969), a quen coñecera na súa segunda estadía en París, e con ela tivo unha filla e un fillo.[7][14] Logo do divorcio da súa primeira esposa, casou en segundas nupcias en 1934 con Joan Louise Bruning (1898-1980), con quen tivo un segundo fillo.[1][3][7]

Robert Ingersoll Aitken faleceu na súa casa de Nova York o 3 de xaneiro de 1949, aos 70 anos, e o seu corpo foi incinerado.[1][3]

Obras[editar | editar a fonte]

Escultura[editar | editar a fonte]

Fountain of the Earth (1915), para a Exposición Panamá-Pacífico, en San Francisco.[18]

Unha das súas primeiras obras escultóricas máis destacadas, da que se ocupou logo de gañar un concurso, foi un monumento para conmemorar a vitoria do almirante George Dewey na baía de Manila durante a guerra hispano-estadounidense, que aínda se erixe en Union Square, en San Francisco. O contrato deste monumento produciuse en 1901 e a súa conclusión produciuse en 1903.[19]

O mesmo ano do monumento a Dewey, Aitken gañou outro concurso, para un monumento ao presidente William McKinley, que se colocou no Golden Gate Park de San Francisco. Máis tarde, entre os seus grandes bronces, Aitken fixo unha figura heroica do pioneiro Hall McAllister, que se colocou fronte ao edificio municipal de San Francisco.[20]

En 1904, Aitken esculpiu unha estatua de 4,6 metros dunha figura feminina que representaba a República, para o Monumento a William McKinley, que se pode ver no parque Panhandle, de San Francisco.[21]

Frontón oeste do Tribunal Supremo dos EEUU (1935).

Entre as súas obras destacan a "Fonte da Ciencia" e as estatuas dos Grandes Ríos no Capitolio do Estado de Missouri; a estatua de Iron Mike en Parris Island, Carolina do Sur; varias esculturas militares en West Point; o "Templo da Música" e outras obras escultóricas para o monumento á Liberdade en Kansas City, Missouri.[7]

A Aitken débeselle tamén a "Fonte da Terra" para a Exposición Panamá-Pacífico de 1915 en San Francisco.[7][22][23]

Mais a obra escultórica máis representativa da traxectoria de Aitken é o frontón occidental do edificio sede do Tribunal Supremo dos Estados Unidos,[1] de 1935, que leva a inscrición Equal Justice Under Law ("Xustiza igual ante a lei). Ese conxunto escultórico, situado sobre a entrada principal do edificio, está formado por nove figuras: a Dama da Liberdade rodeada de figuras que representan a Orde, a Autoridade, o Consello e a Investigación. Estas figuras alegóricas eran en realidade esculturas de persoas reais que tiveron un papel relevante na creación do edificio. O propio Aitken está representado no frontón, sentado á esquerda da Liberdade, co presidente do Tribunal Supremo, Charles Hughes.[7][24]

Aitken creou controversia cando criticou a exposición e a colocación da estatua da Venus de Milo no Louvre.[25]

A súa obra tamén formou parte do concurso de escultura dos Xogos Olímpicos de 1928.[26]

Moedas e medallas[editar | editar a fonte]

Aitken tamén acadou un éxito notable como medallista e deseñador de moedas conmemorativas dos Estados Unidos.[27]

Entre os seus traballos máis salientables está o deseño da moeda de ouro de 50 dólares –en senllas versións, redonda e octogonalconmemorativa da Exposición Panamá-Pacífico celebrada en San Francisco en 1915,[1] cuñada na Casa da Moeda desta cidade.[28] Aitken encargouse tamén do deseño da medalla oficial da exposición,[29] grazas a un concurso do que resultou gañador, polo que ademais foi premiado con 1.000 dólares.[1]

En 1921 creou tamén unha moeda conmemorativa de prata de medio dólar conmemorativa do Centenario de Missouri, á que seguiu en 1936 o medio dólar da Exposición Internacional California Pacífico, que tivo lugar en San Diego, California, en 1935 e 1936.[1]

No ámbito medallístico, Aitken foi o encargado de deseñar e gravar a medalla da American Numismatic Society de 1921, en conmemoración da visita do mariscal Foch aos Estados Unidos. Outras das súas creacións foron a medalla da 15ª edición da Sociedade de Medallistas Omnia Vincit Amor (1937), a medalla da Academia Nacional de Deseño ou a Medalla da Sociedade Nacional de Escultura, entre outras moitas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • 1908: Medalla de ouro Phelan.[7]
  • 1908: Premio Helen Foster Barnett.[16][7]
  • 1915: Medalla de ouro da Architectural League.[7]
  • 1915: Dúas medallas de prata da Exposición Panamá-Pacífico.[7]
  • 1921: Medalla de ouro Watrous.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Smith, P. (2012).
  2. CARA (s/d). Páxina 60.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Robert Ingersoll Aitken". Findagrave.com
  4. Winquist, K. (2000).
  5. CARA (s/d). Páxina 61.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Robert Aitken papers, circa 1900-1960". Archives of American Art. Smithsonian Institution.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 "Robert I Aitken". Medallicartcollector.com
  8. 8,0 8,1 CARA (s/d). Páxina 62.
  9. CARA (s/d). Páxina 63.
  10. CARA (s/d). Páxina 64.
  11. Lumea, J. (2018). "The Original San Francisco Flag Was Better and Cooler. Let’s Bring It Back!". En The Bold Italic. 12 de setembro.
  12. 12,0 12,1 CARA (s/d). Páxina 69.
  13. 13,0 13,1 CARA (s/d). Páxina 70.
  14. 14,0 14,1 CARA (s/d). Páxina 71.
  15. CARA (s/d). Páxinas 71-72.
  16. 16,0 16,1 CARA (s/d). Páxina 72.
  17. CARA (s/d). Páxina 80.
  18. Perry, S. G. S. (1915). The Sculpture & Murals of the Panama-Pacific International Exposition. The Wahlgreen Company, San Francisco. Páxina 45.
  19. CARA (s/d). Páxina 67.
  20. CARA (s/d). Páxina 68.
  21. "William McKinley, (sculpture)". American Art Museum. Smithsonian Institution.
  22. CARA (s/d). Páxinas 75-77.
  23. "Fountain of the Earth: Survival of the Fittest Group, (sculpture)". Art Inventories Catalog. Smithsonian Institution.
  24. "Front of the Building: The West Pediment". . Páxinas 6-7.
  25. "Robert Aitken Says Famous Venus de Milo in the Louvre Is Worst Placed of All". En The New York Times. 21 de maio de 1920.
  26. "Robert Ingersoll Aitken". Olympedia.org
  27. Alexander, D. T. (2012).
  28. CARA (s/d). Páxina 79.
  29. "Panama - Pacific International Exposition". Numista.com
  30. "Medal: Robert Ingersoll Aitken". The Cleveland Museum of Art.
  31. "Elisabeth Watrous Medal for Sculpture". Medallicartcollector.com
  32. "50 Dollars Panama–Pacific Exposition". Numista.com
  33. "½ Dollar Missouri Commemorative". Numista.com
  34. "½ Dollar - San Diego California-Pacific Exposition". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]