Bandeira da Concha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ambiente nas rúas da cidade vella de Donostia durante a competición.

A Bandeira da Concha (en galego) ou Kontxako Bandera é unha competición de traiñeiras que se celebra os dous primeiros domingos de setembro na Baía da Concha, en Donostia (País Vasco). Celebrada dende 1879 na categoría masculina e dende 2008 en feminina.

Contexto[editar | editar a fonte]

Tamén chamada coloquialmente "a olimpíada do remo", é a regata de traiñeiras máis prestixiosa da tempada. Para os máis modestos, chegar á clasificatoria é todo un premio, mentres que para os denominados "galos", os equipos máis grandes, non clasificarse pode ser unha desgracia. Actualmente forma, xunto coa liga ACT/San Miguel e o Campionato de España, a tríade de competicións máis importantes desta especialidade náutica.

Modo de regata[editar | editar a fonte]

As regatas rémanse ao xeito tradicional, isto é, en 2 quendas de 4 traiñeiras cada unha, sobre tres millas náuticas e a dobre xornada, mais coa excepción de que se rema a unha soa ciaboga, e polo tanto só dous longos en lugar dos catro habituais. As balizas de saída/meta sitúanse preto da praia e as exteriores fora da baía.

Sete das embarcacións que compiten deben clasificarse nunha regata eliminatoria contra o reloxo que se celebra no mesmo campo de regatas o Xoves inmediatamente anterior á primeira xornada. Para poder participar nesta regata clasificatoria deben ter sido invitados pola organización que fixa uns criterios a tal efecto. Nos últimos anos nos que a creación de ligas regulares dotou ao deporte do remo dunhas certas estruturas de competición, a organización da proba invita aos integrantes da liga ACT e aos mellores da Liga ARC e a Liga Galega de Traiñeiras, isto é, clubs de Galiza, Cantabria e Euskadi. A oitava embarcación debe ser o anfitrión e, polo tanto, un equipo donostiarra. Cando hai máis dun equipo donostiarra con traiñeira, a praza gáñase nunha regata clasificatoria contra o reloxo que se celebra durante a Semana Grande-Aste Nagusia.

Historia[editar | editar a fonte]

Exceptuando o período da Guerra Civil e algúns anos de finais do S. XIX e principios do XX coma no período de 1882 a 1888, 1902 a 1907 ou de 1912 a 1914, a regata vén celebrándose ininterrumpidamente dende a súa creación en 1879.

Categoría feminina[editar | editar a fonte]

En Setembro de 2008 organizouse a primeira Bandeira feminina da regata, á cal acudiron oito equipos: tres traiñeiras guipuscoanas: Guetaría-Zumaya, Fuenterrabía e Tolosa, a biscaína de Arkote-Dermitek, a cántabra de Astillero (que remou con rapazas deste club e reforzos de La Maruca e Colindres), unha selección de remeiras galegas que acudiu á cita baixo o nome de Galicia e dúas traiñeiras catalás: o Club de Rem Badalona e o Club de Rem Colera que paradoxalmente son os dous primeiros equipos que participan na Bandeira da Concha sen pertencer a ningunha comunidade autónoma do litoral Cantábrico nin da Galiza.

Todos estes equipos están formados por remeiras de varios clubs, xa que aínda que nas categorías inferiores dalgúns clubs hai maioría feminina, entre os remeiros sénior, as remeiras seguen en inferioridade numérica. A regata desenvólvese sobre 2.778 metros (1,5 millas náuticas), é dicir, a metade que a masculina, e a gañadora levouse a Bandeira e 4.000 €. A eliminatoria previa desputouse en modalidade contrarreloxo, e as catro primeiras clasificadas acudiron á final que se desputou unha hora antes que a regata masculina.

Palmarés masculino[editar | editar a fonte]

Os gañadores da bandeira de 2005 no porto.
Imaxe da regata.
Edición Ano Traiñeira Patrón

Século XIX[editar | editar a fonte]

I 1879 Flag of the Basque Country.svg Donostia Juan Cruz Carril
II 1880 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Sarria
III 1881 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Leon Berrotaran
- 1882 -
IV 1883 Flag of the Basque Country.svg Donostia ?
- 1884 -
- 1885 -
- 1886 -
V 1887 Flag of the Basque Country.svg Donostia Jose Mari Iturriza
- 1888 -
VI 1889 Flag of the Basque Country.svg Donostia Luis Carril
VII 1890 Flag of the Basque Country.svg Donostia Luis Carril
VIII 1891 Flag of the Basque Country.svg Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko"
IX 1892 Flag of the Basque Country.svg Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko"
- 1893 -
X 1894 Flag of the Basque Country.svg Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko"
XI 1895 Flag of the Basque Country.svg Getaria Francisco Arregi
XII 1896 Flag of the Basque Country.svg Getaria  ?
XIII 1897 Flag of the Basque Country.svg Donostia  ?
XIV 1898 Flag of the Basque Country.svg Ondarroa Manuel Beitia
XV 1899 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Lucas Iturralde
XVI 1900 Flag of the Basque Country.svg Getaria Domingo Cobeñas

Século XX[editar | editar a fonte]

XVII 1901 Flag of the Basque Country.svg Orio Manuel Olaizola
- 1902 -
XVIII 1903 Flag of the Basque Country.svg Getaria Francisco Arregi
- 1904 -
- 1905 -
XIX 1906 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Bixente Sarria
- 1907 -
- 1908 -
XX 1909 Flag of the Basque Country.svg Orio Manuel Olaizola
XXI 1910 Flag of the Basque Country.svg Orio Manuel Olaizola
XXII 1911 Flag of the Basque Country.svg Getaria Francisco Arregi
- 1912 -
- 1913 -
- 1914 -
XXIII 1915 Flag of the Basque Country.svg Donostia Soterotxo Bakeriza
XXIV 1916 Flag of the Basque Country.svg Orio Manuel Olaizola
XXV 1917 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXVI 1918 Flag of the Basque Country.svg Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko"
XXVII 1919 Flag of the Basque Country.svg Orio Manuel Olaizola
XXVIII 1920 Flag of the Basque Country.svg Donostia Francisco Zubiaurre "Kiriko"
XXIX 1921 Flag of the Basque Country.svg La Unión (Pasaia) Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXX 1922 Flag of the Basque Country.svg Donostia Soterotxo Bakeriza
XXXI 1923 Flag of the Basque Country.svg Orio Antonio Maria Uranga
XXXII 1924 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Francisco Laboa "Matxet"
XXXIII 1925 Flag of the Basque Country.svg Orio Antonio Maria Uranga
XXXIV 1926 Flag of the Basque Country.svg Ondarroa Juan B. Beitia
XXXV 1927 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXXVI 1928 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXXVII 1929 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXXVIII 1930 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XXXIX 1931 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XL 1932 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
XLI 1933 Flag of the Basque Country.svg Orio Domingo Mitxelena
XLII 1934 Flag of the Basque Country.svg Orio Domingo Mitxelena
XLIII 1935 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Manuel Arrillaga "Aita Manuel"
- 1936 -
- 1937 -
- 1938 -
XLIV 1939 Flag of the Basque Country.svg Orio Antonio Maria Uranga
XLV 1940 Flag of the Basque Country.svg Orio Jose Mari Urdangarin
XLVI 1941 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Roman Agirre
XLVII 1942 Flag of the Basque Country.svg Orio Domingo Mitxelena
XLVIII 1943 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Pedro Gonzalez
XLIX 1944 Flag of the Basque Country.svg Orio Domingo Mitxelena
L 1945 Cantabria Pedreña Jose Bedia
LI 1946 Cantabria Pedreña Jose Bedia
LII 1947 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Bernardo Elduaien
LIII 1948 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Bernardo Elduaien
LIV 1949 Cantabria Pedreña Jose Bedia
LV 1950 Flag of the Basque Country.svg Donostia Antonio Korta "Pintxan"
LVI 1951 Flag of the Basque Country.svg Orio Ignacio Sarasua
LVII 1952 Flag of the Basque Country.svg Orio Ignacio Sarasua
LVIII 1953 Flag of the Basque Country.svg Orio Ignacio Sarasua
LIX 1954 Flag of the Basque Country.svg Iberia (Sestao) Jose A. Arraiz
LX 1955 Flag of the Basque Country.svg Orio Ignacio Sarasua
LXI 1956 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Jose Angel Lujanbio
LXII 1957 Flag of the Basque Country.svg Aginaga Ramon Arreseigor
LXIII 1958 Flag of the Basque Country.svg Orio Ignacio Sarasua
LXIV 1959 Flag of the Basque Country.svg Iberia (Sestao) Manuel Arraiza
LXV 1960 Flag of the Basque Country.svg Aginaga Klaudio Etxeberria "Gorria"
LXVI 1961 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Bibiano Etxabe
LXVII 1962 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Bibiano Etxabe
LXVIII 1963 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Bibiano Etxabe
LXIX 1964 Flag of the Basque Country.svg Orio Klaudio Etxeberria "Gorria"
LXX 1965 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Jose Angel Lujanbio
LXXI 1966 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Jose Angel Lujanbio
LXXII 1967 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Jose Angel Lujanbio
LXXIII 1968 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia Jose Angel Lujanbio
LXXIV 1969 Flag of the Basque Country.svg Lasarte Klaudio Etxeberria "Gorria"
LXXV 1970 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXVI 1971 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXVII 1972 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXVIII 1973 Flag of the Basque Country.svg Lasarte Antonio Oliden
LXXIX 1974 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXX 1975 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXXII 1977 Flag of the Basque Country.svg Santurtzi Koldo Urtiaga
LXXXIII 1978 Flag of the Basque Country.svg Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri"
LXXXIV 1979 Flag of the Basque Country.svg Santurtzi Koldo Urtiaga
LXXXV 1980 Flag of the Basque Country.svg Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri"
LXXXVI 1981 Flag of the Basque Country.svg Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri"
LXXXVII 1982 Flag of the Basque Country.svg Kaiku (Sestao) Norberto Torres "Txirri"
LXXXVIII 1983 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Lizarralde "Altxerri"
LXXXIX 1984 Flag of the Basque Country.svg Zumaia Klaudio Etxeberria "Gorria"
XC 1985 Flag of the Basque Country.svg Santurtzi Jesus Fernandez Cirilo "Roque"
XCI 1986 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio
XCII 1987 Flag of the Basque Country.svg Zumaia Edu Aristi
XCIII 1988 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio
XCIV 1989 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan
XCV 1990 Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane Juan Mari Lujanbio
XCVI 1991 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan
XCVII 1992 Flag of the Basque Country.svg Orio Jose Luis Korta
XCVIII 1993 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan
XCIX 1994 Flag of the Basque Country.svg Pasai San Pedro Juan Carlos Fontan
C 1995 Flag of the Basque Country.svg Donibaneko (Pasai Donibane) Juan Mari Lujanbio
CI 1996 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki"
CII 1997 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki"
CIII 1998 Flag of the Basque Country.svg Orio Juan Mari Larrañaga "Txiki"
CIV 1999 Flag of the Basque Country.svg Koxtape (Pasai Donibane) Joseba Arbona
CV 2000 Flag of the Basque Country.svg Orio Oskar Rodriguez

Século XXI[editar | editar a fonte]

CVI 2001 Cantabria Castro Jose Luis Korta
CVII 2002 Cantabria Castro Juan Mari Lujanbio
CVIII 2003 Cantabria Astillero Izortz Zabala
CIX 2004 Cantabria Astillero Izortz Zabala
CX 2005 Flag of the Basque Country.svg Hondarribia (1) Joseba Amunarriz
CXI 2006 Cantabria Castro Cristian Garma
CXII 2007 Flag of the Basque Country.svg Orio Irakoitz Etxeberria
CXIII 2008 Cantabria Castro Iker Gimeno
CXIV 2009 Flag of the Basque Country.svg Kaiku (Sestao) Asier Zurinaga
CXV 2010 Flag of the Basque Country.svg Urdaibai (Bermeo) Asier Arego
CXVI 2011 Flag of the Basque Country.svg Urdaibai (Bermeo) Gorka Aranberri


(1) A traiñeira que obtivo o mellor tempo foi a María de Pedreña, posteriormente descalificada por unha reclamación presentada por Orio. A posterior reclamación de Pedreña ante a xustiza ordinaria foi desestimada.[1]

Palmarés por traiñeiras[editar | editar a fonte]

Traiñeira Bandeiras
Flag of the Basque Country.svg Orio 31
Flag of the Basque Country.svg Pasajes de San Pedro 15
Flag of the Basque Country.svg Donostia 14
Flag of the Basque Country.svg Hondarribia 10
Flag of the Basque Country.svg Pasai Donibane (Donibaneko) e (Koxtape) 10
Flag of the Basque Country.svg Sestao (Kaiku) e (Iberia) 7
Flag of the Basque Country.svg Guetaria 5
Cantabria Castro Urdiales 4
Cantabria Pedreña 3
Flag of the Basque Country.svg Santurce 3
Flag of the Basque Country.svg Lasarte (Michelin) 2
Flag of the Basque Country.svg Ondárroa 2
Flag of the Basque Country.svg Aguinaga 2
Flag of the Basque Country.svg Zumaia 2
Cantabria Astillero 2
Flag of the Basque Country.svg Urdaibai 2
Flag of the Basque Country.svg Pasaia La Unión 1

Títulos por provincias[editar | editar a fonte]

Provincia Bandeiras Traiñeiras
Gipuzkoa coat of arms.svg Guipúscoa 82 Orio 31, Pasajes de San Pedro 15, Donostia 14, Hondarribia 10, Guetaria 5, Lasarte 2, Aguinaga 2, Zumaia 2 e Pasajes La Unión 1
Bizkaikobanderea.svg Biscaia 13 Sestao 7, Santurtzi 3, Ondarroa 2, Urdaibai 2
Cantabria Cantabria 10 Castro Urdiales 4, Pedreña 3 e Astillero 2

Palmarés feminino[editar | editar a fonte]

Edición Ano Traiñeira Patrona
I 2008 Galicia Galiza Laura Hermo
II 2009 Galicia Rías Baixas Laura Hermo
III 2010 Galicia Galiza Laura Hermo
IV 2011 Galicia Galiza Laura Hermo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Bandera de La Concha de 2005 se quedará en Hondarribia, Diario Vasco, Consultado o 8 de Outubro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]