Irrigación
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rega")
A irrigación é unha técnica utilizada na agricultura que ten por obxectivo o fornecemento controlado de auga para as plantas en cantidade suficiente e no momento correcto, asegurando a produtividade e a supervivencia da plantación. Complementa a precipitación natural, e en certos casos, enriquece o solo coa deposición de elementos fertilizantes.