Ramón Beade Méndez
Ramón Beade Méndez, nado en Tiobre (Betanzos) o 7 de abril de 1900 e finado o 5 de xullo de 1956, foi un político socialista galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Foi un activo dirixente agrario, secretario da Asociación de Agricultores de Tiobre, masón, militante do PSOE galego e lider da Federación Comarcal de Betanzos da UGT. Nas eleccións municipais de 1931 foi un dos 16 concelleiros republicanos do Concello de Betanzos. Na Segunda República foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936. Participou na elaboración do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia en 1932, xunto aos membros da ORGA, pero a chegada da CEDA ao poder en 1933 aparca o proxecto. Foi alcalde de Betanzos do 30 de maio de 1933 ao 18 de outubro de 1934. En 1934 protagoniza con Xoán Xesús González e Xaime Quintanilla unha escisión no PSOE galego que da lugar á Unión Socialista Galega (USG). En 1936 volveu á disciplina do PSOE. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 permanece fuxido ocultándose nun alboio de Touriñao, mentres a familia facía crer que se atopaba exiliado en México. Entregouse en 1947, foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 20 anos de prisión.
| Predecesor: José Novo Rodríguez |
Alcalde de Betanzos 1933 - 1934 |
Sucesor: Víctor Cancela Noguerol |
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- "La autodeterminación gallega". Historia 16 (6). outubro 1976.