Christian Karembeu
![]() |
|||
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Christian Lali Kake Karembeu | ||
| Nacemento | 3 de decembro de 1970 (42 anos) | ||
| Lugar | Lifou, Nova Caledonia | ||
| Altura | 1,77 m | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1990–1995 | Nantes | 130 | (5) |
| 1995–1997 | Sampdoria | 62 | (6) |
| 1997–2000 | Real Madrid | 51 | (1) |
| 2000–2001 | Middlesbrough | 33 | (4) |
| 2001–2004 | Olympiakos | 68 | (3) |
| 2005 | Bastia | 7 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1992–2002 | Francia | 53 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Christian Lali Kake Karembeu, nado en Lifou (Nova Caledonia) o 3 de decembro de 1970, é un ex futbolista francés de orixe kanak. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección francesa.
Índice |
Traxectoria [editar]
Durante a súa carreira, Karembeu xogou no FC Nantes (1990-1995), no UC Sampdoria (1995-1997), no Real Madrid CF (1997-2000), no Middlesbrough FC (2000-2001), no Olympiakos (2001-2004), no Servette FC (2004-2005) e no SC Bastia (2005). Co equipo español gañou a Champions League no 1998 e no 2000. Foi un dos xogadores claves na consecución del título do 98.
Selección nacional [editar]
Karembeu foi internacional con Francia en 53 ocasións, marcando un só gol. Formou parte da histórica selección do país galo que acadou o triplete do Mundial de 1998, a Eurocopa do 2000 e a Copa Confederacións do 2001. Tamén estivo presente na Eurocopa de 1996.
Ademais, foi nomeado como mellor xogador da OFC en 1995 e 1998. A OFC reúne ás federacións de fútbol de Oceanía.
Anécdotas [editar]
Foi criticado por non cantar nunca o himno francés, A Marsellesa, no campo. As súas razóns eran que uns antepasados seus estaban expostos nun zoolóxico humano da Mostra Colonial de París de 1931.
Palmarés [editar]
Club [editar]
- Nantes
- Ligue 1: 1994–95
- Real Madrid
- UEFA Champions League: 1997–98, 1999–00
- Copa Intercontinental: 1998
- Olympiacos
- Super Liga de Grecia: 2001–02, 2002–03
Selección [editar]
- Francia
Individual [editar]
- Futbolista do ano de Oceanía: 1995, 1998
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nados en 1970
- Nados en Nova Caledonia
- Futbolistas franceses
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do FC Nantes
- Xogadores do UC Sampdoria
- Xogadores do Middlesbrough FC
- Xogadores do Olympiakos FC
- Xogadores do SC Bastia
- Xogadores da selección de fútbol de Francia
- Cabaleiros da Lexión de Honra
