Raúl García Carnero
Raúl Carnero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Raúl García Carnero | ||
Nacemento | 30 de abril de 1989 (35 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1997–2002 | Victoria | ||
2002–2008 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2008–2012 | Deportivo B | 57 | (0) |
2008–2009 | → Montañeros (cedido) | 27 | (1) |
2010–2012 | Deportivo da Coruña | 5 | (0) |
2011–2012 | → Melilla (cedido) | 28 | (0) |
2012–2013 | Almería B | 20 | (1) |
2012–2014 | Almería | 13 | (1) |
2014 | → Alavés (cedido) | 16 | (0) |
2014–2017 | Alavés | 96 | (7) |
2017–2019 | Leganés | 24 | (0) |
2019 | Girona | 10 | (0) |
2019–2020 | Getafe | 4 | (0) |
2020 | → Valladolid | 12 | (0) |
2020–2023 | Valladolid | 14 | (1) |
2022–2023 | → Deportivo da Coruña | 23 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de agosto de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Raúl García Carnero, nado na Coruña o 30 de abril de 1989, é un futbolista galego, que xoga de defensa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Victoria coruñés, club do que fora un dos fundadores e directivo durante anos o seu avó materno, Acacio Carnero, ao que se encontraba moi unido.[1][2] Con 12 anos incorporouse ás categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Na tempada 2008/09 chegou ao Fabril e foi cedido ao Montañeros CF, equipo co que logrou o ascenso á Segunda División B.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Tras volver ao club branquiazul a súa boa tempada no Fabril levouno a debutar co primeiro equipo en Primeira División o 4 de abril de 2010 fronte ao Atlético de Madrid na tempada 2009/10, na que disputou un total de 5 partidos, baixo o mando de Miguel Ángel Lotina. Continuou no Fabril na tempada seguinte, e tras o descenso deste a Terceira, marchou cedido á UD Melilla.[3]
Almería
[editar | editar a fonte]Ao remate da tempada non renovou co Deportivo e fichou pola UD Almería B.[4] Alí alternou partidos do filial e do primeiro equipo e conseguiu o ascenso a Primeira con este último, despois de disputar 10 partidos e marcar un gol fronte ao Recreativo de Huelva.[5]
Na tempada 2013/14, o xogador subiu definitivamente ao primeiro equipo do Almería, coincidindo co ascenso á bancada do primeiro equipo do adestrador do filial Francisco, co que xogou nove partidos na primeira rolda antes de ser cedido o 31 de xaneiro de 2014 ao Deportivo Alavés, en Segunda División.[6]
Alavés
[editar | editar a fonte]O papel do lateral galego no tramo final da liga foi unha das claves da salvación por un punto do Alavés.[7] O 30 de xuño, tras completar a súa cesión, regresou a Almería. Á súa chegada o adestrador Francisco comunicoulle que non contaba con el, polo que despois de rescindir o contrato asinou ata 2016 polo Alavés. Na súa primeira tempada completa co equipo vitoriano converteuse nun xogador clave e na segunda tempada logrou o ascenso a Primeira División, renovando ao final da tempada por un ano máis.[8]
Xa na máxima categoría e con Pellegrino no banco, foi titular na maioría de partidos da primeira volta, pero as súas participacións reducíronse na segunda metade da competición. A pesar de contar coa competencia polo seu posto de Theo Hernandez, rematou a tempada con 22 partidos, 17 deles como titular.[9] Pechou o seu paso polo Alavés cun total de 119 partidos e 7 goles.
Leganés
[editar | editar a fonte]No verán de 2017, despois de tres tempadas e media en Vitoria, fichou polo Club Deportivo Leganés ata xullo de 2019.[10] Con Asier Garitano como técnico, disputou 24 encontros na súa primeira tempada, contribuíndo a conseguir a permanencia en Primeira. Na tempada 2018/19 volveu ter como adestrador a Pellegrino, pero apenas dispuxo de minutos, xogando só seis partidos durante a primeira volta, polo que acabou por rescindir o contrato en xaneiro.[11]
Girona
[editar | editar a fonte]A continuación chegou ao Girona FC, tamén de Primeira, co que asinou un contrato ata o final da tempada.[12] No equipo de Eusebio Sacristán fíxose axiña coa titularidade e disputou un total de 12 partidos.
Getafe
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo Getafe CF, onde dispuxo de escasos minutos, sendo cedido en xaneiro de 2020 ata final de tempada ao Real Valladolid.[13]
Cesión ao Valladolid
[editar | editar a fonte]No equipo adestrado por Sergio González fíxose co posto de titular trala lesión de Nacho, e acabou dando un rendemento por riba do esperado, motivo polo que o Valladolid decidiu facerse cos seus dereitos en propiedade.[14]
Valladolid
[editar | editar a fonte]Así, o 28 de xullo de 2020 foi transferido definitivamente ao Valladolid, onde asinou un contrato ata 2023.[15] Despois de disputar nove partidos, sufriu unha lesión nun xeonllo que o obrigou a pasar ata tres veces polo quirófano.[16][17] Despois de case un ano de calvario, regresou aos terreos de xogo en novembro de 2021, cando reapareceu nun partido da Copa do Rei. Regresou á titularidade en varios encontros da tempada e contribuíu ao ascenso do equipo á Primeira División, só un ano despois do descenso.
Cesión ao Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En xullo de 2022 anunciouse o seu regreso ao Deportivo da Coruña, máis dunha década despois, cedido polo Valladolid.[18] Comezou a tempada con protagonismo no lateral esquerdo do equipo coruñés e marcou o gol da vitoria ante o Mérida na terceira xornada, pero unha baixada de rendemento e a chegada do ucraíno Orest Lebedenko deixárono sen apenas minutos na segunda parte da competición.[19] Disputou un total de 23 partidos co Deportivo antes de finalizar a súa cesión e a continuación o seu contrato co Valladolid foi rescindido.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, Xurxo (12 de setembro de 2022). "Raúl Carnero, tres puntos por Acacio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2022.
- ↑ Centeno, Alexandre (7 de xaneiro de 2019). "Fallece Acacio Carnero, fundador del Victoria Club de Fútbol". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2022.
- ↑ "Raúl García se incorpora a la UD Melilla" (en castelán). 6 de agosto de 2011. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ UD Almería, ed. (5 de xullo de 2012). "Raúl García, terceira fichaxe do Almería B". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 17 de xullo de 2012.
- ↑ "El Almería acaba con la racha inmaculada del Recre en Huelva". Marca (en castelán). 4 de novembro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Alavés, llega cedido Raúl García" (en castelán). 31 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ Varela, Miguel; F., X. (6 de xullo de 2016). "Raúl García no se mueve". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "El Deportivo Alavés apuntala la banda con la renovación de Raúl García" (en castelán). 5 de xullo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ Martín del Barrio, Javier (5 de xuño de 2017). "El Leganés ficha a Raúl García, lateral izquierdo ex del Alavés". As (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ "Raúl García ficha por el Leganés" (en castelán). 5 de xuño de 2017. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ Barreiros, Pedro (14 de xaneiro de 2019). "Raúl García Carnero rescinde hoy con el Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ "El Girona fitxa el lateral esquerre Raúl García" (en catalán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "El Valladolid refuerza su lateral izquierdo con Raúl García Carnero". Marca (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "El Real Valladolid se hace con los derechos de Raúl Carnero en propiedad hasta 2023" (en castelán). 28 de xullo de 2020. Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ "El Real Valladolid se hace con los derechos de Raúl Carnero en propiedad hasta 2023" (en castelán). 28 de xullo de 2020. Consultado o 1 de outubro de 2020.
- ↑ "Raúl Carnero, intervenido con éxito". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ Barreiros, Pedro (18 de decembro de 2021). "Raúl Carnero renace de su calvario: «Mi hija nació y no era capaz ni de cambiarle el pañal»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ "Raúl Carnero vuelve al Deportivo" (en castelán). 15 de xullo de 2022. Consultado o 15 de xullo de 2022.
- ↑ Palleiro, Armando (4 de xullo de 2023). "Análisis de la plantilla: 15. Raúl Carnero; de la ilusión inicial al desencanto". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Piñeiro, Sergio (9 de xullo de 2023). "Raúl Carnero queda libre tras rescindir su contrato con el Real Valladolid" (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán).
- Datos do xogador no sitio web oficial do Real ValladolidArquivado 19 de outubro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán).
- Nados en 1989
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Montañeros CF
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UD Melilla
- Xogadores da UD Almería B
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores do Girona FC
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Real Valladolid