Montañeros Club de Fútbol
| Nome | Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego | ||
|---|---|---|---|
| Fundación | 1968 | ||
| Estadio | Elviña, A Coruña, Galicia |
||
| Capacidade | 1.500 | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | - | ||
| Liga | - | ||
| 2011–12 | 18º (2ªB – Grupo 1) | ||
| Vestimenta | Adidas | ||
| Patrocinador | Banco Gallego[1][2] | ||
| Páxina web | Páxina web oficial | ||
|
|
|||
O Montañeros Club de Fútbol Banco Gallego é un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi fundado en 1967 e chegou a competir na Segunda División B entre as tempadas 2009–10 e 2011–12. No ano 2012, e tralo descenso a Terceira División, o club decidiu disolver a equipo senior para se centrar no traballo coas categorías inferiores.
Índice |
Historia [editar]
O Montañeros xorde coma un equipo afeccionado no ano 1968 a partir dunha asociación de "boy scouts" chamada Asociación Juvenil Montañeros del Sagrado Corazón vinculada ao colexio dos xesuítas da Coruña, que se dedicou posteriormente só ao fútbol. Pouco a pouco comezou a facerse notar nas divisións rexionais galegas, e foi avanzando categorías ata chegar a ser profesional. Na tempada 2006-07 conseguiron o cuarto ascenso consecutivo de categoría chegando á Terceira División, e na súa primeira tempada conseguiron salvar a categoría quedando no oitavo posto.
Na tempada 2008-09 o equipo rematou na segunda posición, posto que lle fixo disputar os playoffs polo ascenso. Aínda que non conseguiu ascender de categoría no terreo de xogo xa que perdeu contra o Hellín Deportivo, o descenso administrativo do Cidade de Santiago fíxolle ocupar a súa praza coma mellor galego clasificado.[3] Por esta razón, o Montañeros debutou na tempada 2009-10 na Segunda División B, quedando 10º. Logo de tres anos na categoría de bronce, remata a tempada 2011-12 en 18º lugar e descende á Terceira División.
Porén, a falla de apoios económicos provocou que o equipo nunca chegase a competir de novo nesa categoría. O 1 de xuño de 2012, o Montañeros anuncia a disolución do seu equipo senior e a súa vontade de centrarse no traballo coa canteira.[4]
Nas categorías inferiores, o club conta con 22 equipos en diversas competicións. Ademais, dende a década do 2000, a institución pasou a estar vinculada ao Banco Gallego e mantén tamén un convenio co Deportivo da Coruña.
Uniforme [editar]
- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul mariña, pantalón azul mariño e medias azul mariño.
A marca que fornece os equipamentos é Adidas, e o patrocinador do club é Banco Gallego.
Estadio [editar]
O Montañeros non conta con estadio en propiedade. Xoga os seus partidos coma local no campo de A Grela, que ten unha capacidade de 1.500 espectadores e céspede artificial, inda que tamén xoga algúns partidos no campo de Elviña. Tamén emprega as instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, propiedade do Deportivo da Coruña.
Datos do club [editar]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 2
- Mellor posto na liga: 10º (2ª B, tempada 2009-10)
- Participacións na Copa do Rei: 0
- Promocións de ascenso a Segunda B: 1 (0 ascensos)
Historial na liga [editar]
| Tempada | Categoría | Posto |
|---|---|---|
| desde 77-78 | Rexional | — |
| ata 05-06 | Rexional | — |
| 2003/04 | 3ª Autonómica | 1º |
| 2004/05 | 2ª Autonómica | 1º |
| 2005/06 | 1ª Autonómica | 1º |
| 2006/07 | Preferente | 1º |
| 2007/08 | 3ª | 8º |
| 2008/09 | 3ª | 2º |
| 2009/10 | 2ªB | 10º |
| 2010/11 | 2ªB | 12º |
| 2011/12 | 2ªB | 18º |
Xogadores [editar]
Derradeira formación senior [editar]
- Tempada 2011-2012
|
|
Palmarés [editar]
- Subcampión da Terceira División de España (1): 2008-09
Notas [editar]
- ↑ "El Montañeros cae ante el Racing en un partido repleto de dudas", La Voz de Galicia, 17 de agosto de 2010.
- ↑ "Rubén Rivera relanza al Montañeros tras el descanso", La Voz de Galicia, 30 de agosto de 2010.
- ↑ ""O Montañeros xa é de Segunda B"". La Voz de Galicia. 7 de agosto de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2009/08/07/0003_7893520.htm?idioma=galego. Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ "El Montañeros C. F. disuelve su equipo senior", Vavel, 1 de xuño de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||