José Sánchez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepe
Información persoal
Nome José Sánchez Martínez
Nacemento 2 de marzo de 2000
Lugar de nacemento Linares
Altura 1,85 m.
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Ibiza
Carreira xuvenil
2012–2013 Linares 2011
2013–2016 Jaén
2016–2019 Granada
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2023 Recreativo Granada 35 (0)
2019–2023 Granada 4 (0)
2023 Deportivo da Coruña 7 (1)
2023– Ibiza 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de agosto de 2023.
editar datos en Wikidata ]

José Sánchez Martínez, coñecido como Pepe Sánchez, nado en Linares o 19 de xaneiro de 2000, é un futbolista español que xoga como defensa central no Ibiza, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Linares 2011 da súa localidade natal, pasando logo tres anos na canteira do Real Jaén e outros tres no equipo xuvenil do Granada, club no que ingresou en 2016.

Na tempada 2019/20 subiu ao Recreativo Granada, de Segunda División B, debutando na 11ª xornada ante o o Recreativo de Huelva e afianzándose inmediatamente no once titular.[1] O 17 de decembro debutou da man do adestrador galego Diego Martínez no primeiro equipo granadino, disputando completo o partido e a prórroga da primeira rolda da Copa do Rei ante o L'Hospitalet.[2]

Continuou compaxinando o filial co primeiro equipo durante as seguintes dúas campañas, nas que debutou tanto en Primeira División como na Europa League. A súa estrea na liga produciuse en Anoeta contra a Real Sociedad, tres días despois do seu primeiro encontro na competición europea, contra o Omonia en Nicosia.[3][4]

En xaneiro de 2023, despois de ter disputado só tres partidos co Granada durante a tempada, saíu cedido ao Deportivo da Coruña, de Primeira División RFEF.[5] Apenas tivo protagonismo no equipo galego, xogando só 7 partidos, nos que marcou un gol ante o Real Madrid Castilla.[6] Ao remate da cesión, o Granada anunciou o seu traspaso ao Ibiza.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Victoria del Recreativo Granada ante el Recreativo (1-2)". Sport (en castelán). 3 de novembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  2. "El Granada necesita una prórroga para ganar a L’Hospitalet". As (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  3. "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". Marca (en castelán). 8 de novembro de 2020. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  4. G. Gil, Aimara (5 de novembro de 2020). "El Granada se sobrepone al COVID-19 y es más líder". As (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  5. "Pepe Sánchez, novo xogador do Dépor 22-23". 27 de xaneiro de 2023. Consultado o 28 de xaneiro de 2023. 
  6. Zautúa, Israel (24 de xuño de 2023). "Análisis de la plantilla: 5. Retuerta y Pepe Sánchez, uno ni debutó y el otro tuvo un rol muy secundario". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023. 
  7. "Comunicado Oficial. Pepe Sánchez" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.