Río Slaney

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Slaney
O río Slaney ó seu paso por Stratford-on-Slaney.

{{{lenda}}}
País Irlanda Irlanda
Rexión n/d
Nacemento n/d
Altitude n/d
Lonxitude 117km
Caudal medio
Conca n/d
Desembocadura canal de San Xurxo, Mar de Irlanda

O Río Slaney (en irlandés Abhainn na Sláine) é un río que flúe ó longo de 117km polo sueste de Irlanda. Nace no monte Lugnaquilla, nas montañas Wicklow, e atravesa os condados de Wicklow, Carlow e Wexford antes de desembocar finalmente no canal de San Xurxo, no Mar de Irlanda e preto da vila de Wexford.

O río e as súas ribeiras son fogar de numerosas especies animais entre as que destacan cisnes, merlos acuáticos, lavancos, garzas reais, picapeixes, lontras, gaivotas choronas, bufos, curuxas, morcegos e cervos. Tamén abundan as troitas e os salmóns.