Merlo acuático

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Merlo acuático (Cinclus cinclus)
Distribución europea do Merlo rieiro

O merlo acuático ou merlo rieiro, Cinclus cinclus é unha ave paseriforme pertencente á familia Cinclidae.

O seu hábitat inclúe contornas acuáticas de Europa. Os merlos acuáticos adoitan vivir nas beiras de ríos rápidos de montaña, aínda que se poden atopar individuos erráticos en lagoas de montaña. A súa preferencia polas augas non contaminadas converteuno nun bioindicador da pureza dun río.

Índice

[editar] Descrición

A súa plumaxe é pardo escuro con peito branco. Pálpebra branca moi visible cando parpadea. Tamaño duns 18 cm de altura e 30 de envergadura. Non hai diferenciación sexual.

[editar] Alimentación

A súa alimentación é case exclusivamente a base de insectos.

Mergúllase nunha media de 3 segundos. O seu sangue pode portar máis osíxeno que o doutros paseriformes, o que lles permite permanecer baixo a auga ata 30 segundos, aínda que por norma xeral non excede dos 10 ou 20 segundos. As súas adaptacións permítelle mergullarse e camiñar polo fondo do río para alimentarse de insectos, axudándose do seu bater de ás se a corrente é forte. Atopa os insectos revirando os coios do leito do río.

[editar] Reprodución

O merlo acuático aniña preto da augua, nunca a grandes alturas, en árbores, pontes e gretas. As postas varían entre os 4 e os 6 ovos, branco e duns 26x18 milímetros, que son incubados unicamente pola femia. Os pitos eclosionan aos quince días da posta, e son cebados por ámbolos dous adultos durante aproximadamente un mes, ata que deixan o niño. As parellas de merlos adoitan pór dúas postas na mesma primavera, aínda que a segunda con unicamente 3 ou 4 ovos.

[editar] Ligazóns externas

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Merlo acuático

Ficha da especie (PDF), por Javier Blasco-Zumeta

Ferramentas persoais