Río Quoile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Quoile
PaísIrlanda do Norte
DesembocaduraStrangford Lough

O río Quoile (en irlandés An Caol) é un río que transcorre polo condado de Down en Irlanda do Norte.

O río nace co nome de Río Ballynahinch, que flúe pola beira oeste da vila Ballynahinch en dirección a Annacloy, onde é coñecido polo nome de río Annacloy. Máis adiante, xa é coñecido como o río Quoile, e flúe a carón da vila de Downpatrick para acabar desembocando en Strangford Lough.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]