Río Bush

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Bush

Coordenadas: 55°13′09″N 6°32′00″W / 55.21928°N 6.53326°W / 55.21928; -6.53326

O Río Bush (en inglés River Bush, do gaélico irlandés an Bhuais)[1] é un río do Condado de Antrim, Irlanda do Norte. A fonte do río atópase nos Antrim Hills a 480 m. Desde alí, flúe cara ao noroeste, torcendo en Armoy cara ao oeste, pasando logo por Stranocum, para logo virar cara ao norte e pasar por Bushmills antes de chegar ao mar en Portballintrae, no litoral norte de Antrim. Discorre por un fértil val. O seu leito está xeoloxicamente composto por basaltos e a auga atópase lixeiramente alcalinizada con magnesio, dando nunha dureza característica. O río posúe reservas autóctonas de salmóns e troitas. Un afluente do río prové a auga que se emprega para destilar o whiskey Old Bushmills.

Pesca[editar | editar a fonte]

O Río Bush foi tradicionalmente un río salmoneiro, aínda que en retroceso a finais do século XX e principios do XXI,[2][3] mais aínda ofrece excelente salmón para pescar. Está administrado como río imporante do salmón polo Departamento de Cultura, Artes and Lecer (DCAL). O Departamento tamén controla unha piscifactoría que serve para o Proxecto de Investigación do Salmón do Río Bush, proxecto establecido en 1972, que ten a misión de estudar o ciclo da vida do salmón atlántico tanto na auga doce como na do mar. Este programa de investigación permitiu que o río Bush sexa recoñecido como un río índice para o Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES)[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Placenames Database of Ireland
  2. Winter Weather "Confuses" Salmon". BBC, 3 de febreiro de 2007. Consultado o 6 de xuño de 2012.
  3. Minister Vows to Restore Salmon Runs. 4NI, 4 de outubro de 2002. Consultado o 6 de xuño de 2012.
  4. Departamento de Cultura, Artes e Lecer. "Bushmills Salmon Station". DCAL - A Selection of Angling Waters in Northern Ireland. http://www.dcalni.gov.uk/index/inland_waterways-fisheries-r08/bushmills_salmon_station.htm. Consultado o 6 de xuño de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]