Les Andelys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Château-Gaillard

Les Andelys é un concello do departamento de Eure, Normandía, Francia, localizada na confluencia de tres vales, conta con 9047 habitantes (1999) divididos en dúas zonas ben diferenciadas, Grand-Andely e Petit-Andely.

[editar] Historia

En orixe unha vila galo-romana, Ricardo I de Inglaterra mandou construír a fortaleza de Château-Gaillard (1198), para protexer o ducado de Normandía dos reis de Francia. As tropas de Filipe II de Francia capturárono despois dun longo sitio no ano 1203.

[editar] Ligazóns externas

Web oficial do concello (en francés e inglés)

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas