Pseudotsuga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
xénero Pseudotsuga
Pseudotsuga menziesii var. menziesii
Pseudotsuga menziesii var. menziesii
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: ''Pseudotsuga''
Carrière
Especies

Véxase no texto

Pseudotsuga é un xénero de coníferas dentro da familia das pináceas. En galego soen chamarse abetos de Douglas, malia non sere realmente abetos. Hai cinco especies, dúas no oeste de América do Norte, unha en México e dúas no leste de Asia. As pseudotsugas plantearon problemas de clasificación aos botánicos do século XIX por mor á semellanza que presentan con outras coníferas coñecidas no seu tempo, o que orixinou que unhas veces foran clasificadas en Pinus, Picea, Abies, Tsuga, e incluso nas Sequoia. Por mor aos seus conos distintivos, os abetos de Douglas finalmente foron clasificados no novo xénero Pseudotsuga (que significa "falso Tsuga") polo botánico francés Carrière en 1867.

En Galicia atopamos algún exemplar de abeto de Douglas común (Pseudotsuga menziesii) nos arboredos e xardíns de pazos e castelos principalmente.

Especies e variedades[editar | editar a fonte]

Cono de sementes do Abeto de Douglas, dunha árbore cultivada a partir de sementes apañadas por David Douglas

A máis sonada das especies de América do Norte é sen dúbida a Pseudotsuga menziesii, o Abeto de Douglas por excelencia, unha especie taxonomicamente complexa[1] dividida en dúas grandes variedades (tratadas como especies distintas ou subespecies por algúns botánicos):

  • Pseudotsuga menziesii var. glauca - Abeto de Douglas de montaña ou de interior, que se atopa no oeste do continente mais na zona interior, espallándose terras adentro cara Calgary, Alberta.[2] Algúns botánicos dividen a pseudotsuga de montaña en dúas variedades, a var. glauca nas montañas Rochosas meridionais e var. caesia na parte norte das Rochosas.
  • Pseudotsuga menziesii var. menziesii - Abeto de Douglas verde, ou da costa do Pacífico. Acadou alturas de 120 metros. Esa foi a altura calculada da conífera máis alta rexistrada, o Mineral Tree de Mineral (Washington), medida en 1924 polo Doutor Richard E. McArdle,[3] xefe do Servizo Forestal dos EUA.[4] O volume daquela árbore foi de 515 m3. O exemplar existente máis alto é o abeto Brummitt (Doerner) no condado de Coos (Oregón), de 99,4 metros de alto.[5] Só a sequoia vermella[6] acada maiores alturas en árbores que se coñezan actualmente. En Quinault, Washington, atópase unha colección dos meirandes abetos de Douglas nunha soa zona. A fraga chuviosa de Quinault acolle a maior parte dos dez abetos de Douglas máis altos que se coñecen.

É a árbore do estado de Oregón.

Especies[editar | editar a fonte]

(En América do Norte e América Central)

Sinónimos:
Abies douglasii ((Sabine ex D.Don) Lindl)[7]
Abies drummondii (Gordon)
Abies menziesii (Mirb)
Abies mucronata (Raf)
Abies obliqua ((Bong) ex Gordon)
Abies obliquata ((Raf) ex Gordon)
Abies standishiana (K.Koch)
Abies taxifolia (C.Presl)
Abietia douglasii ((Sabine ex D.Don) A.H.Kent)
Picea douglasii ((Sabine ex D.Don) Link)
Pinus douglasii (Sabine ex D.Don)
Pseudotsuga douglasii ((Sabine ex D.Don) Carrière)
Pseudotsuga mucronata ((Raf.) Sudw. ex Holz)
Pseudotsuga taxifolia ((Lindl.) Britton))
Pseudotsuga vancouverensis (Flous)
Tsuga douglasii ((Sabine ex D.Don) Carrière)
Sinónimos:
Abies macrocarpa (Vasey)
Pseudotsuga californica (Flous)
Tsuga macrocarpa ((Vasey) Lemmon))

(En Asia)

Sinónimos:
Tsuga japonica (Shiras)[9]
Sinónimos:
Pseudotsuga forrestii (Craib)[10]
Pseudotsuga salvadorii (Flous)
Pseudotsuga shaanxiensis (S.Z.Qu & K.Y.Wang)
Pseudotsuga wilsoniana (Hayata)
Pseudotsuga xichangensis (C.T.Kuan & L.J.Zhou)

Imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Literatura[editar | editar a fonte]

  • Mario Ludwig, Harald Gebhard, Herbert W. Ludwig, Susanne Schmidt-Fischer: Neue Tiere & Pflanzen in der heimischen Natur - Einwandernde Arten erkennen und bestimmen, BLV Verlagsgesellschaft München, ISBN 3-405-15776-5.

Referencias[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pseudotsuga

Modelo:Wikiespecies