Itapúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatísticas
Capital: Encarnación, Paraguai
Área: 16.525 km²
Poboación: 463.410 (2002)
Densidade demográfica: 28,0 hab./km²
ISO 3166-2: PY-7
Mapa
Mapa do Paraguai, en vermello a subdivisión administrativa desta páxina

Itapúa é un departamento do Paraguai. A súa capital é a cidade de Encarnación.

O nome provén do guaraní e alude ao lugar onde se fundou a capital departamental, Encarnación. Ese sitio era coñecido como itá (rocha, pedra) e puá (punta): "Punta de Pedra".

Limita polo norte cos departamentos de Caazapá e Alto Paraná, polo sur coa República Arxentina (Provincia de Misiones e Provincia de Corrientes), polo leste coa Provincia de Misiones e polo oeste co Departamento de Misiones.

Distritos[editar | editar a fonte]

O departamento está dividido en 30 distritos:

Distritos de Itapúa