Portal:Jazz/Biografía destacada/arquivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Jazz:

1[editar a fonte]

Ella Jane Fitzgerald, coñecida como Ella Fitzgerald e alcumada Lady Ella e The First Lady of Song (A primeira dama da canción), nada en Newport News (Virxinia) o 25 de abril de 1917 e finada en Beverly Hills (California) o 15 de xuño de 1996, foi unha cantante estadounidense de jazz. Non obstante esta condición básica de jazzista, o repertorio musical de Ella Fitzgerald é moi amplo e inclúe swing, blues, bossa nova, samba, gospel, calipso, cancións de nadal, pop etc.

Canda Billie Holiday e Sarah Vaughan, está considerada como a cantante máis importante e influente da historia do jazz (e, en xeral, da canción melódica popular). Estaba dotada dunha voz cun rango vocal de tres oitavas, destacando a súa precisa e diáfana vocalización e a súa capacidade de improvisación, sobre todo no scat, técnica que desenvolveu nos anos corenta e do que logo xurdiu o bop. Nos anos cincuenta sentou cátedra coa súa concepción da canción melódica, en paralelo á obra de Frank Sinatra, coas súas versións dos temas dos grandes compositores da canción popular estadounidense (os songbooks de Duke Ellington, Cole Porter, Johnny Mercer etc.). O único reparo que se lle puxo ao seu talento interpretativo era a certa incapacidade para adaptarse emocionalmente a letras con contido dramático.

Gañou 13 Premios Grammy, e foi galardoada coa Medalla Nacional das Artes e a Medalla Presidencial da Liberdade dos Estados Unidos.


2[editar a fonte]

Michel Camilo, nado o 4 de abril de 1954 en Santo Domingo (República Dominicana), é un pianista e compositor dominicano. Destaca principalmente no latin jazz, sendo un pianista de gran virtuosismo que adereza as súas interpretacións de jazz tradicional con ritmos do seu Caribe natal, acompañados dun velocísimo estilo. Camilo cita entre as súas principais influencias a Chick Corea, Keith Jarrett, Oscar Peterson, Bill Evans e Art Tatum.

Michel Camilo comezou a súa formación pianística no seu país natal, estudando no Conservatorio Nacional de Música, e posteriormente trasladouse a Nova York (Estados Unidos), onde continuou súa formación no Mannes College e na prestixiosa Juilliard School.

Ademais da súa traxectoria como intérprete, Michel Camilo é invitado frecuentemente a dar conferencias e a actuar en numerosas universidades e centros de ensinanza nos Estados Unidos tales como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, o M.I.T., entre outros, así como en Dinamarca, España e Suíza. Ten participado tamén nos filmes do gañador dun Oscar Fernando Trueba Two Much e Calle 54.


3[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/3

4[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/4

5[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/5

6[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/6

7[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/7

8[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/8

9[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/9

10[editar a fonte]

Portal:Jazz/Biografía destacada/10