Oscar Peterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oscar Emmanuel Peterson
Oscar Peterson.jpg
Nome completo Oscar Emmanuel Peterson
Naceu 15 de agosto de 1925
Orixe Montreal, Quebec, Canadá
Morreu 23 de decembro de 2007 en Mississauga, Ontario, Canadá
Ocupación (s) músico
Xénero jazz
Instrumento(s) piano
Tempo en activo 1945 - 2007

Oscar Emmanuel Peterson Oscar Peterson (Montreal, 15 de agosto de 1925 - Mississauga, 23 de decembro de 2007) foi un pianista canadense de jazz.

O seu estilo, formado durante os anos corenta como no caso doutros pianistas como Erroll Garner e George Shearing, oscila entre o swing e o bop, e se engloba dentro da tendencia clasicista ou tradicional do jazz. Seguidor de Art Tatum, trátase dun pianista acústico de gran técnica, cunha destacable capacidade para tocar con velocidade e cunha gran habilidade para o swing, independentemente do tempo de ejecución. Son eloxiadas tanto as súas interpretacións en grupos pequenos como acompañando a cantantes, aínda que os seus mellores momentos sexan como solista.

Aínda que subestimado, Peterson é tamén compositor: por exemplo, escribiu e gravou a afamada "Canadian Suite" en 1964. Varias das súas propias obras gravounas con piano eléctrico. Excepcionalmente vocalista, a súa voz recorda moito á de Nat King Cole.